Tivo
lugar no incomparable marco do Paraninfo do Instituto de Ensino Secundario
Otero Pedrayo.
No acto
interveu o presidente da Coral, Samuel Lago, o vicepresidente Emilio Rodríguez,
eu mesmo e finalmente o director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas, que
presentou o selo.
E foi
un privilexio escoitar as tres fermosas cancións interpretadas polos coralistas.
O selo
forma parte da serie de "Lecer e afeccións" un selo da Coral
de Ruada de tamaño 28.8 x 40.9 mm.
Ten un
valor postal de 0.60 €, sendo a tirada de 180.000 unidades.
A motivación
do selo para Correos foi a seguinte:
"A
Coral “De Ruada” empezou a xestarse en 1918 pero foi o 24 de xuño de 1919
cando debutou no Teatro Apolo de Ourense.
Segundo
os xornais da época, aquela actuación tivo gran éxito para o público,
sorprendendo sobre todo pola súa calidade interpretativa.
A base
destas agrupacións adoita ser un coro de voces, de homes e mulleres, ataviados
co traxe tradicional, acompañados polos tres instrumentos típicos da tradición
galega: a gaita, o tamborilero e o bombo, ademais de zanfoñas e
pandeiros.
En
1931, a Coral “De Ruada”, convidada polos Centros Galegos suramericanos,
cruzou o charco visitando Arxentina, Uruguai e Brasil.
A súa
posta en escena encaixaba perfectamente as cancións populares con obras
polifónicas e unha escenografía moi nova para a época que incluía a
teatralización das máis antigas tradicións e símbolos galegos.
En
1956, cando é nomeado director Manuel de Dios, comezará unha nova etapa
supoñendo un xiro substancial sobre todo o repertorio interpretado.
Este ano, a Coral cumpre o seu primeiro centenario. 100 anos cantando e narrando a historia de Ourense a través das raíces musicais galegas.
Por
iso, a cidade que a viu nacer dedicoulle unha praza como homenaxe aos seus cen
anos de esforzo e traballo levando Ourense en forma de música por todos os
recunchos do mundo.
Correos
tamén quere sumarse á celebración deste centenario cun selo que recolle a
ilustración que protagoniza a portada do libro-disco publicado pola Fundación
Otero Pedrayo.
Tamén,
sobre unha imaxe da Ponte Romana de Ourense, pódese ver aos membros da
formación nunha das súas extraordinarias actuacións. Todo o conxunto enmarcado
coas páxinas das partituras como as que usan na coral.”
Neste acto tiven oportunidade de pronunciar unhas
palabras de agradecemento para Correos pola sensibilidade amosada con Ourense, emitindo
recentemente dous selos: o do Centenario da Ponte Nova" e o dos “50 Anos da Biblia do Oso
e do V centenario da Reforma Protestante” que foi promovido pola igrexa evanxélica Bonhome
de Ourense. E polo emitido agora a “De Ruada”,
que ademáis e a primeira vez que a filatelia española adica un selo a unha
coral.
E manifestei tamén a miña fonda satisfacción por
ter participado nas xestións para que a Comisión Filatélica do Estado do
Ministerio de Fomento, aprobara a emisión deste selo.
Recibirá resposta