Hai
cinco anos publicaba neste blog unha entrada dando conta da cerimonia da
sanción e promulgación da Lei Orgánica pola que se facía efectiva a abdicación
da Súa Maxestade o Rei Don Juan Carlos. E en
consecuencia Don Felipe era proclamado
novo Rei de España.
Hoxe con ocasión do
quinto aniversario da Proclamación da súa Maxestade o Rei, Don Felipe e Dona
Letizia impuxeron condecoracións da Orde do Mérito Civil a 41 cidadáns, en
recoñecemento do seu compromiso persoal e contribución social.
A Orde do Mérito
Civil, instituida pola súa Maxestade o
Rei Don Alfonso XIII, ten por obxecto
premiar os méritos de carácter civil que presten ou prestasen relevantes
servizos ao Estado, con traballos extraordinarios, proveitosas iniciativas ou
con constancia exemplar no cumprimento dos seus deberes.
Os 41 condecorados
proceden das 17 comunidades autónomas e das 2 cidades autónomas. Para a súa
selección tívose en conta un criterio proporcional de poboación e considerouse
tamén ás comunidades pluriprovinciales,
de forma que proceden de provincias distintas.
A súa Maxestade o
Rei dirixiu unhas palabras tras finalizar a imposición de condecoracións, nas
que destacou que "España é unha nación de cidadáns, de persoas solidarias
e comprometidas co destino dos nosos semellantes -dentro e fóra das nosas
fronteiras-; unha nación xenerosa, aberta, e con gran presenza e empuxe na
Comunidade Internacional. Somos un país que abraza ao mundo, que se
responsabiliza cunha Humanidade que desexamos en paz e en concordia, e pola que
traballamos en todos os foros internacionais”.
Tamén, Don Felipe
referiuse ás persoas que acababan de ser distinguidas dicindo que “sodes
protagonistas desa España solidaria e universal; e sodes un verdadeiro motivo
de orgullo para todos nós, para todos os nosos compatriotas; admirámosvos.
Parabén; e, sobre todo, grazas de corazón”.
“Sodes un referente
moral que nos ofrece un espello no que mirarnos; un estímulo -e unha imaxe- de
conduta á que poder emular no noso día a día”. “Xuntos formades un todo, unha
verdadeira cadea de ejemplaridades que
ilumina o noso roteiro para seguir. Mostrádesnos a senda da convivencia e
realzades a importancia da dignidade e do compromiso de ser cidadáns da España
do século XXI”, subliñou A súa Maxestade
o Rei.
Parabéns por este
quinto aniversario, e longa vida o Rei.
Recibirá resposta