O 1 de febreiro de 2019 daba conta neste blog que o 31 de xaneiro Adif Alta Velocidade ( Adif- AV) aprobara a adxudicación de novos contratos para o avance da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia, por un importe global de 118.655.954,14 euros (IVE incluído).
Un deles era un contrato de actuacións complementarias no tramo Taboadela-Ourense, sobre a plataforma existente, por importe de 7.552.677,22 euros (IVE incluído), que foi adxudicada á UTE formada por Civis Global e Construcións Taboada e Ramos.
Unas obras que forman parte do proxecto de implantación do ancho mixto no tramo, que permitirá a circulación entre Taboadela e a entrada na estación de Ourense tanto dos futuros tráficos en ancho internacional da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia como dos tráficos que actualmente soporta en ancho ibérico, tanto de viaxeiros como de mercadorías.
O citado contrato contempla fundamentalmente os seguintes traballos:
- Estudo pormenorizado do viaduto sobre o río Miño, na capital ourensá, para a instalación da dobre vía prevista no proxecto e ás actuacións de reforzo e rehabilitación que permitan instalar corredores laterais de evacuación e a cimentación dos postes de catenaria.
- Reposición de 3 pasos superiores no tramo (demolición dos existentes e construción de 3 estruturas novas).
- Implantación das medidas de protección acústica necesarias.
- Instalacións de protección civil (iluminación e sinalización) nos 4 túneles existentes no tramo.
- Ampliación (en anchura e lonxitude) da actual plataforma da estación de Ourense San Francisco.
- Cerramento da liña.
Onte mesmo vía como se están executando estes traballos no viaduto sobre o río Miño. Estas fotos acredítano.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es