viernes, 7 de junio de 2019

Preguntando sobre proxectos relacionados co saneamento do Barbaña e os ríos da CHMS


Onte xoves, os deputados electos do Partido Popular por Ourense, Celso Delgado Arce e Ana Vázquez Blanco, rexistraron novas iniciativas parlamentarias

En concreto, 8 preguntas ao Goberno que deberán ser respondidas por escrito e nas que se interesan pola situación de diversos proxectos relacionados con temas de augas e coas competencias da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Continúan así o labor de control parlamentario da anterior Lexislatura cando o 20 de febreiro os citados deputados interpelaban na Comisión de Transición Ecolóxica do Congreso ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, sobre a situación de proxectos de interés relacionados coa CHMS, como a situación del río Barbaña o do edificio para albergar las dependencias administrativas do citado organismo de conca.

As cuestións formuladas agora nos primeiros días da XIII Lexislatura e sobre as que se solicita información son as seguintes:

¿Tal e como está oficialmente comprometido, estará finalizada a mediados de agosto de 2019  a redacción do proxecto de saneamento do río Barbaña e a mellora da EDAR de San Cibrao das Viñas (Ourense) que foi contratada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica en xullo de 2018 por importe de 231.449 euros?
Río Bubal

¿Que actuacións realizou a “Confederación  Hidrográfica Miño-Sil” ao longo deste ano 2019  para a tramitación de dispoñibilidade de chan ou de inmobles, para a súa nova sede na cidade de Ourense?

 ¿Seleccionará e adquirirá no ano 2019 a Confederación  Hidrográfica Miño-Sil o inmoble que albergará a súa nova sede na cidade de Ourense, para o que existe consignación orzamentaria de 2,7 millóns de euros no presente exercicio?

¿Cales son os avances, desde o 20 de febreiro de 2019, na execución do proxecto de cooperación transfronteiriza – POCTEP – “ Risc Miño-Limia” cuxo beneficiario principal é a Confederación  Hidrográfica Miño-Sil? 

¿ Cales son os avances, desde o 20 de febreiro de 2019, na execución do proxecto de cooperación transfronteiriza – POCTEP – “Raia Termal” cuxo beneficiario principal é a Confederación  Hidrográfica Miño-Sil?

¿Cal é, a data de resposta, o estado de execución das obras contidas en cada un dos Convenios asinados entre a Confederación  Hidrográfica Miño-Sil e os distintos  Concellos da provincia de Ourense nos anos 2018 e 2019?

Río Avia
¿Que proxectos están en marcha - execución de obras, redacción de proxectos ou próximas a licitar- para conservación de leitos e mellora da conectividade nos ríos da demarcación Miño-Sil na provincia de Ourense? (leito, concello e importe)

¿Cal é o contido de todas as estipulacións que integran o Convenio que, segundo os medios locais, subscribiuse o pasado 21 de maio entre a Confederación  Hidrográfica Miño-Sil e o  Concello de Maside (Ourense)?

Unha vez coñecida as respostas, os deputados decidirán as actuacións parlamentarias que sexan oportunas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta