Asisto hoxe no
Salón de Sesións do Congreso dos Deputados ao acto en recordo das vítimas do
terrorismo, e no que participaron representantes das asociacións de vítimas e
das altas institucións do Estado.
O Congreso organiza
esta homenaxe cada ano desde que en 2010 aprobouse unha declaración
institucional para instaurar o 27 de xuño como Día das Vítimas do Terrorismo en
memoria de Begoña Urroz, asasinada con
22 meses en 1960 por unha bomba colocada na estación de ferrocarril de Amase
(Guipúscoa).
A presidenta do
Congreso dos Deputados, Meritxell Batet, recibiu aos representantes das
asociacións de vítimas no Salón de Pasos Perdidos.
Meritxell Batet tomou a palabra despois, e ao finalizar
a súa intervención convidou os asistentes a gardar un minuto de silencio en
memoria das vítimas do terrorismo. Os parlamentarios, autoridades e invitados
escoitamos tamén no Hemiciclo dúas pezas musicais: o Segundo movemento da
sonata de Giovanni Baptista Pescetti
para arpa, interpretada por Gloria del Pino, e
Lascia chio pianga, aria de Rinaldo de
Haendel, cantada polo tenor Mario Millán Rodríguez- Sadia.
Unha vez finalizado
o acto no Salón de Sesións, os membros da Mesa, o resto dos deputados e os
invitados fomos ao Salón de Pasos Perdidos, onde todos os asistentes a esta
homenaxe mantivemos un encontro.