Nestes días varios medios de comunicación
galegos están a abordar en reportaxes o importante apoio que no norte de
Portugal reciben as empresas para a súa implantación: oferta de gran cantidade
de chan industrial barato, áxil tramitación
e soldos baixos, etc. E en consecuencia trasladan a preocupación de que
empresas galegas se deslocalicen ou que
novos investimentos en lugar de chegar á nosa Comunidade váianse ao país
veciño.
Mentres aquí, na nosa Comunidade
a Lei de implantación empresarial busca afianzar a Galicia como unha terra de
oportunidades, potenciando a captación de investimentos e a creación de emprego
de calidade: máis simplificación administrativa; máis
facilidades para acceder ao solo empresarial, promovendo a construción de
polígonos á carta, en función das necesidades reais das empresas; e máis
incentivos fiscais ás empresas.
Ano e medio despois da súa entrada en vigor,
esta filosofía da Xunta de Galicia de ser unha administración facilitadora ten
permitido que: Galicia conte con 122 Concellos Emprendedores que
favorecen a captación de investimentos, Galicia reduza á metade os prazos
de tramitación para as Iniciativas Empresariais Prioritarias (1M€ de
investimento e/ou 20 empregos). E ten contribuído a
que en Galicia se estean executando nestes momentos máis de 2.000 M€ de
investimentos no sector industrial (PSA, Benteler, Finsa, Televés, Albo ou
Estrella Galicia, entre outros).
En todo caso, e aínda que a Xunta non ten capacidade
para intervir na compra venda de naves industriais nin nos prezos, cómpre
lembrar que desde
o ano 2015 o Goberno galego, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e
de Xestur, pon a disposición das empresas solo industrial a prezos bonificados,
con descontos que oscilan entre o 30 e o 50%, dependendo do concello no que
estea o polígono.
Na
mesma liña, a partir do ano 2016 ofreceuse tamén a posibilidade de adxudicación
de solo en forma de dereito de superficie,unha modalidade que lle permite ás
empresas acceder a novas parcelas mediante o pago dun canon anual moi reducido
por metro cadrado.
O
resultado de ambas medidas foi a reactivación das adxudicacións de solo
empresarial nos parques dependentes da Xunta, cun balance de máis de 1,45
millóns de metros cadrados asignados entre 2015 e 2018.
Na
actualidade, existen máis de 1,2 millóns de metros cadrados de solo empresarial
á venda, por parte de Xestur e do IGVS.
Ademais,
a Xunta está actuando para poñer a curto prazo máis solo dispoñible, como é o
caso dos polígonos de Morás, da Plisan e do de Xinzo de Limia.
Orde de mellora de infraestruturas de parques empresariais
Do
total de proxectos aprobados na provincia de Ourense, a maioría (8) terá como
obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se
desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e
vixilancia (4), e para plantas de depuración de auga, mellora do saneamento e
tratamentos das augas pluviais (3).
Recibirá resposta