A afiliación media á Seguridade Social
superou en xuño os 19,5 millóns de persoas ocupadas (19.517.697); trátase do mellor
dato da serie histórica desde que se teñen rexistros. Neste mes, o sistema
sumou 75.584 traballadores e traballadoras (0,39%); e 510.707 nos últimos 12
meses (2,69%). Ata este mes, o maior dato de afiliación correspondía ao mes de
xullo de 2007 con 19.493.050, é dicir, 24.647 persoas afiliadas menos que en
xuño deste ano.
En termos
desestacionalizados, a afiliación media de xuño de 2019 aumentou respecto
a maio de 2019 en 32.732 traballadores, o que supón un incremento do 0,17%.
Outro dato significativo é o número de mulleres
afiliadas á Seguridade Social, que supera o resultado de maio, con 9.050.836
persoas, a cifra máis alta que figura nos rexistros. Representan o 46,37% do
total de ocupados.
Neste sentido, hai que destacar que o
balance dos últimos doce meses mostra que continúa crecendo máis o emprego de
mulleres que de homes, tanto en cifras absolutas como en taxa. No último ano o
número de ocupados incrementouse en 239.000, o 2,34%; no mesmo período, a cifra
de ocupadas aumentou de 271.707, o 3,09%.
Balance respecto ao mes anterior
O Réxime Xeral rexistrou un incremento de
65.014 persoas (0,40%), o que eleva a cifra ata 16.162.452 ocupados.
Trátase do dato máis alto de toda a serie histórica,
desde que se produciu a integración dos Réximes Agrario e de Hogar. Se se
considera o Réxime Xeral puro –sen os Sistemas Especiais integrados en 2012- é
o mellor rexistro (16.162.452), seguido do dato que se consignou o pasado maio
(16.097.438).
En xuño, creceu a afiliación na maioría dos
sectores económicos, especialmente en Hostalería, con 37.225 (2,63%);
Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, 31.799 (2,06%); Comercio e
Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas con 28.217 (1,16%), Actividades
Administrativas e Servizos Auxiliares, 21.395 (1,62%); Industria Manufactureira,
10.551 (0,57%) e Construción, 7.809 (0,88%).
En sentido contrario, o maior peso
corresponde a Educación que, coincidindo co fin do curso escolar, rexistra un
descenso de 53.423 (-5,46%).
En canto ao Sistema Especial Agrario,
rexistra 30.927 persoas ocupadas menos (-3,83%), e sitúase en 777.328 afiliados
e afiliadas medios. Trátase dun descenso similar ao rexistrado nos últimos anos
xa que o mes de xuño coincide coa finalización dalgunhas campañas agrícolas.
Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregadas
do Hogar baixa en 1.163 (-0,29%) e alcanza os 405.701 traballadores e
traballadoras. O Réxime de Autónomos conta con 3.286.600 persoas, tras incrementarse
en 8.745 (0,27%) no mes.
Respecto ao Réxime Especial do Mar, suma
1.985 ocupados e ocupadas (3,04%) ata situarse en 67.269. Finalmente, o Carbón
está constituído por 1.377 afiliados e afiliadas, que descende en 160 persoas.
A cifra da a Seguridade Social aumenta en
xuño na maioría das Comunidades Autónomas, especialmente en Cataluña (28.596),
Baleares (23.127), Castela-A Mancha (10.731), Comunidade de Madrid (9.838), Castela
e León (7.706), Aragón (6.851) e Galicia (6.787).
Descende en dúas comunidades autónomas: Andalucía (33.321) e Región de
Murcia (2.081).
Respecto a 2018
En relación ao ano pasado, o Sistema gañou
510.707 ocupados e ocupadas, o 2,69%. O Réxime Xeral increméntase en 498.352 persoas
(3,18%).
No Réxime Especial de Traballadores
Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 0,40%, o que se traduce nun
crecemento de 13.042 persoas. O Réxime do Mar creceu en 0,28% (188) e o Carbón
rexistrou descenso de 874 (-38,84%).
En termos anuais a ocupación avanza na
maioría de provincias e en todas as Comunidades e Cidades Autónomas destacando porcentualmente
os incrementos da Comunidad de Madrid (3,55%), Comunidade Valenciana (3,38%),
Región de Murcia (3,22%), e as ciudades autónomas de Ceuta (5,38%) e Melilla
(8,16%).
Galicia:
O número medio de afiliados á
Seguridade Social situouse o pasado xuño en 1.025.192 ocupados, cifra
que supuxo un aumento de 6.787 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior
(0,67 %).
Na comparativa co Estado, en Galicia crecen
máis o número de afiliacións (Galicia: +0,67%; España: +0,39%). Son 6.787 no
último mes (226 afiliacións ao día).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 793.104 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 211.344 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.745 afiliados medios
En términos anuais, a
afiliación no total do Sistema rexistrou un incremento de 18.693 ocupados,
(1,86 %). É
a mellor cifra desde agosto de 2010
Ourense:
O número medio de afiliados á
Seguridade Social situouse o pasado xuño en 103.326 ocupados, cifra
que supuxo un aumento de 744 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,73 %).
En términos anuais, a
afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de
299 ocupados, (0,29 %).
A
afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 79.444 afiliados medios e o Réxime
de Autónomos con 23.882 afiliados medios.
Recibirá resposta