A Fundación Insua dos Poetas ven celebrando a “Festa da Palabra” desde o ano 2009, unha cita anual que xa forma parte do calendario cultural do verán, na cal, ao longo destas nove edicións foron homenaxeados: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Díaz Castro, Eduardo Blanco Amor, Francisco Luis Bernárdez, Pura e Dora Vázquez e Víctor Campio.
Con Quique Tovar, irmán do poeta |
Un escritor que nos descobre en cada libro a súa verdade, os seus sentimentos e os seus soños”, dixo Baltar, agradecendo a presenza neste acto da familia do escritor, para manter viva entre todos “a súa memoria e a súa obra, merecente de todo respecto e consideración”.
Baltar, dixo hoxe na celebración daque neste “territorio privilexiado, a árbore, a auga e a poesía constitúen os alicerces que orientan esta Insua, aberta e plural porque é de todos”. No seu discurso de clausura do acto, o presidente anunciou que proporá para Medalla de Ouro da Provincia ao escultor Acisclo Manzano, “a mais alta distinción que a Deputación concede ós mellores fillos da terra ourensá”.
Lembrando a historia da Insua dos Poetas, Baltar destacou a súa alma mater: o poeta Luis González Tosar, aquel mozo loitador e creativo chegado das Américas, militante das esencias da nosa identidade..
Na celebración entregáronse os premios “Insua dos Poetas” 2019: na categoría de creación literaria, a María Solar, xornalista e escritora; na categoría de Lingua e Cultura Galega na diáspora, o Centro Galicia de Bos Aires; na categoría de Acción Social, os veciños da parroquia de Madarnás, no Carballiño; na categoría de Iniciativa empresarial, o empresario natural de Dacón, Maside, Manuel Bernárdez Otero; na categoría de Imaxe e audiovisual, a asociación fotográfica O Potiños; e na categoría de Medios de comunicación, a Cadena Ser do Carballiño.
Xunto a Manuel Baltar, interviñeron no acto o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, quen definiu a Antón Tovar como “un dos grandes poetas do século XX” e dixo que hoxe, “a ben seguro, está con nós aquí, co seu silencio, rindo por dentro e coa súa ironía, pero sobre todo agradecéndovos que o acompañedes nesta homenaxe”.
A celebración contou tamén coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices e persoeiros dos ámbitos institucionais, culturais e sociais, así como veciños da contorna da Esgueva. O apartado musical estivo ao cargo do grupo “2 na Fronteira”, que musicou, entre outros, poemas de Antón Tovar, e da a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Tralos discursos, tivo lugar un recital poético diante do mural inaugurado na memoria de Antón Tovar.