Da
actualidade política de hoxe destaco a entrega en Santiago de Compostela
das Medallas de Galicia 2019.
A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta de
Galicia a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia
en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan
dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.
Nesta
ocasión os premiados foron os expresidentes de Castela-León, Juan Vicente
Herrera e de Asturias, Javier Fernández.
O
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo pronunciou o seguinte discurso:
"Autoridades
presentes,
Señoras e señores.
A Galicia que rexurde coa democracia e a autonomía ten
establecido unha tradición á que hoxe engadimos un novo fito. Esa tradición
consiste en louvar no día grande do noso país os valores e as persoas que fan
de nós un pobo fraterno e universal. Galicia quere reafirmar as súas
referencias e manter acesos os faros que guían o seu andar milenario para ser
fiel ao legado que recibimos e tamén para deixar unha herdanza digna aos
galegos que nos sucedan.
Un deses valores está resumido na palabra “nós”. A xeración de
pensadores que se propuxo a comezos do pasado século que Galicia espertara con
todas as súas enerxías e sentimentos, chamouse precisamente Xeración “Nós”.
Inspirados por un entusiasta europeísmo teimaron sen acougo por recuperar os
múltiples vencellos da nosa terra cunha Europa que entón semellaba afastada
pero que fora veciña grazas aos Camiños de Santiago. Ese “nós” non era
restritivo senón amplo; non era excluínte senón inclusivo; e non significaba
pechar senón abrir.
Aqueles homes e mulleres comprenderan que a gran tarefa do
galeguismo, a tarefa sempre inacabada e inacabable, consistía en ampliar sen
cesar a idea de “nós”.
O “nós” galego tiña que entenderse alén de calquera fronteira ou
demarcación, continuando un proceso que quizais se iniciou nos castros
primitivos e que prosegue paso a paso cara a unidades de convivencia maiores.
Cando os nosos afastados devanceiros se decatan de que a mellor defensa non é
un muro ou valado, senón a cooperación co veciño, prodúcese un cambio
transcendental que nos leva á Galicia europea dos nosos días.
Á pregunta de quen somos “nós”, a Galicia do século XXI responde
cun sentimento identitario acumulativo no que se combinan, sen contradición
algunha, querenzas, inquedanzas e intereses que nos asocian cos demais pobos de
España, Europa e o mundo.
Por iso outorgarlle a máxima distinción da nosa Comunidade
Autónoma aos mandatarios de Castela e León e do Principado de Asturias non
pode, en ningún caso, resultar algo estraño. Dicir que somos comunidades
veciñas non abonda para expresar o significado da relación que mantemos, desde
que hai memoria, castelán-leoneses, asturianos e galegos.
Xuntos transformamos a mera veciñanza en comunidade. Se a veciñanza pode ser
circunstancial e deberse simplemente aos azares xeográficos, a comunidade
require a existencia de valores comúns e un desexo de camiñar xuntos.
Temos eses valores e eses desexos, e a consecuencia é unha
colaboración intensa na que é doado percibir os ecos de acontecementos remotos,
pero tamén os ecos dos acontecementos recentes.
Porque as tres somos comunidades xacobeas que millóns de
peregrinos de todo tempo e lugar teñen transitado e admirado, sen sentirse
alleos en ningunha, nin captar máis que unha harmónica variedade en todas.
Porque castelán-leoneses, asturianos e galegos reuníronse no
claustro de San Isidoro de León para constituír o primeiro Parlamento do mundo.
Naquel 1188 quedaba moito para arribar á democracia que garante hoxe a nosa
convivencia, pero é unha circunstancia conmovedora saber que os ancestros dos
que estamos aquí intuíron no fermoso recinto leonés, que o diálogo é unha boa
ferramenta para artellar os asuntos humanos.
Porque o xixonés Gaspar Melchor de Jovellanos, apóstolo
principal da Ilustración Española, espallou as súas doutrinas liberadoras na
súa Asturias natal, en terras de Castela e León e tamén en Galicia. Do mesmo
xeito que o Padre Feijóo foi mestre aquí, pero tamén en León e Salamanca, e en
Oviedo ata os seus últimos días.
Igual que as Cortes leonesas, os principios ilustrados tardarían
algún tempo en frutificar, pero podemos sentir o lexítimo orgullo de que a súa
semente se implantara e arraigara, para sempre, nos nosos territorios.
Pero, como lles dicía, tamén escoitamos un eco que procede da historia máis
próxima. A actual Unión Europea nace da proverbial intuición de homes como
Robert Schuman e Jean Monnet que viron na cooperación entre veciños en torno a
intereses tan concretos coma o carbón e o aceiro, o xermolo da asociación das
nacións europeas. A lección desa iniciativa é que as grandes políticas precisan
en ocasións arrancar con obxectivos aparentemente cativos.
La cooperación entre las comunidades de Asturias, Castilla y
León y Galicia de la que son artífices Juan Vicente Herrera y Javier Fernández,
huyó siempre de la grandilocuencia y conecta por lo tanto con ese genuíno
europeísmo.
Y sin embargo, tras la reivindicación del Corredor Atlántico
Noroeste o el énfasis en los criterios demográficos para la definición, justa,
de una financiación autonómica justa, se ve un modelo relativo de consensos
políticos, pero también un modelo que compartimos de la interpretación de
España.
Cuando hace pocos días Wilhelm Hofmeister, representante de la
Fundación Konrad Adenauer, decía desolado que “en España negociar es perder”,
olvidaba el ejemplo de las comunidades del noroeste español que comprobaron que
la política de suma cero no es la única posible en nuestro país.
Lejos de esa reduccionista visión de España que se circunscribe
al puente aéreo Madrid-Barcelona, hay otra versión de la política nacional,
menos aparente, menos soberbia y más efectiva, que es la que se esforzaron en
practicar el presidente Javier Fernández y el presidente Juan Vicente Herrera.
Ambos son políticos de proximidad, como lo fueron por cierto
Konrad Adenauer, Jean Monnet y Robert Schuman. Es preciso subrayarlo para
refutar la idea de que, frente a la política “provinciana” que se ocupa de
cosas “menores”, la política de Estado atiende a las cuestiones de más
envergadura, de manera que la política autonómica o local pertenecerían a una
categoría inferior, cuando no subordinada.
Resulta que son precisamente el olvido de la proximidad, el
menosprecio de los asuntos más próximos, la confusión entre el tiempo electoral
y el institucional, y la sustitución del diálogo por el soliloquio, los que
conducen a la inexistencia de políticas de Estado y, por lo tanto, a una
incertidumbre que acaba afectando a la vida cotidiana de los ciudadanos, origen
y destino de la acción democrática.
O eixo do noroeste constitúe igualmente a proba de que hai unha España das
autonomías que funciona e facilita a cooperación, allea a procesos
desestabilizadores que non son culpa da nosa organización territorial, senón de
ideoloxías e políticas que se alimentan do conflito permanente, visibles agora
tamén en diferentes estados do mundo.
A ecuación que mide o peso dunha comunidade pola súa
conflitividade e non polo éxito da súa convivencia é un erro que debera ser
corrixido para encauzar mellor os desaxustes da nosa, malia todo, modélica
democracia.
A recentemente elixida presidenta da Comisión Europea queixábase hai pouco da
política baseada en slogans e respostas simples. Ursula von der Leyen, curtida
na política rexional da Baixa Saxonia, expresaba o mesmo desacougo que os
políticos de proximidade oriundos de Mieres ou Burgos senten diante da política
que fragmenta e enfronta.
Tanto Javier Fernández como Juan Vicente Herrera, ademais de
unir aos seus pobos, souberon tecer vencellos con Galicia, levando á política o
que era xa un hábito secular dos nosos cidadáns. Son representantes senlleiros
da política útil, por certo, a única política que merece tal nome.
Estamos moi necesitados da política de verdade, da política real, da política
con maiúsculas. E por iso, entre as moitas razóns que fan oportunas as Medallas
de Galicia 2019, figura tamén a de atopar un oasis no medio do deserto político
que levamos transitando hai xa demasiados anos en España.
Cando o profesor e político Fernando de los Ríos, compañeiro de
exilio de Alfonso Rodríguez Castelao, afirmaba que “en España o revolucionario
é o respecto”, amosaba un desexo que nesta véspera do Día de Galicia estamos
cumprindo.
Aquí están políticos que se respectan e traballan xuntos a prol
do seu país, buscando puntos de encontro e sen renunciar ás súas diferentes
conviccións. Son razóns dabondo para que a galeguidade que prepara o Xacobeo de
2021 os premie como merecen. Con eles o “nós” dos galegos medra e o “nós” dos
galegos faise máis grande.
É unha honra poder salientar a carreira política de dous
políticos, o presidente de Asturias e o presidente de Castela e León.
Ha sido emotivo escuchar al presidente de Castilla y León hablar
en gallego. Escuchar a un castellano de Burgos hablar un gallego tan próximo,
tan sentido. Ver cómo un castellano puede hablar esta lengua de España que es
el gallego.
Y ha sido muy emotivo también ver a un hombre de Estado, que ha
tenido enormes responsabilidades en los últimos años –no solamente en el
Principado de Asturias, sino también en la conformación del Gobierno de
España-, ser un hombre de palabra y un hombre íntegro, desde el punto de vista
político y personal. Esa es la aspiración de todo político al poner un punto,
aparentemente final, de su carrera.
De nuevo, reivindico la política útil de Javier Fernández y Juan
Vicente Herrera. Moitas grazas."
Recibirá resposta