Difunde
hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA)correspondente
ao segundo trimestre de 2019.
Segundo
estes datos en España o número de ocupados aumenta en 333.800 persoas no segundo trimestre
de 2019 respecto ao trimestre anterior (un 1,71%) e sitúase en 19.804.900. En
termos desestacionalizados a variación
trimestral é do 0,31%.
O emprego creceu en 460.800
persoas (un 2,38%) nos 12 últimos meses.
A ocupación aumenta este trimestre en 352.900 persoas no sector privado
e descende en 19.100 no público. Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse
en 384.200 persoas no sector privado e en 76.700 no público.
Os asalariados aumentan este trimestre en
330.500. Os que teñen contrato indefinido increméntanse en 164.500 e os de
contrato temporal en 166.100. En variación anual, o número de asalariados crece
en 431.000 (o emprego indefinido aumenta en 388.200 persoas e o temporal en
42.800). O número de traballadores por conta propia sobe en 2.100 este
trimestre e en 29.000 nos 12 últimos meses.
A ocupación aumenta este trimestre en Servizos
(313.200 máis) e en Industria (56.000). Pola contra, baixa en Agricultura
(30.400 menos) e en Construción (–5.000). No último ano hai 371.200 ocupados máis
en Servizos, 61.100 en Construción e 41.700 en Industria. En Agricultura a
ocupación descende en 13.200 nos últimos 12 meses.
Os maiores incrementos de emprego este
trimestre danse en Illes Balears (62.600 máis), Comunidad de Madrid
(61.100) e Cataluña (40.200). No último ano a ocupación aumenta en case todas
as comunidades. Comunidad de Madrid (105.700 máis), Andalucía (103.400) e
Cataluña (70.700) presentan as maiores subidas.
O número de parados descende este
trimestre en 123.600 persoas (–3,68%) e sitúase en 3.230.600. En termos desestacionalizados a variación trimestral é
do 0,53%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 259.500 persoas
(–7,43%). A taxa de paro sitúase no
14,02%, o que supón 67 centésimas menos que no trimestre anterior. No último
ano esta taxa descendeu en 1,26 puntos.
Por comunidades, as maiores
baixadas trimestrais do paro danse en Comunidad de Madrid (–37.300), Illes
Balears (–26.300) e Cataluña (–15.300) e os maiores incrementos, en Comunitat Valenciana (10.700 parados máis),
Castela-A Mancha (6.300) e Andalucía (6.000). En termos anuais, as maiores
reducións do número de parados danse en Andalucía (74.800 menos), Comunidad de
Madrid (–45.800) e Galicia (–34.700).
O número de activos aumenta este
trimestre en 210.200, ata 23.035.500. A taxa de actividade sobe 39 centésimas e
sitúase no 58,74%. No último ano a poboación activa incrementouse en 201.400
persoas.
GALICIA
A ocupación aumenta en 18.600 persoas no segundo trimestre de 2019
respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.098.800 persoas ocupadas.
A taxa de ocupación aumenta 0,8 puntos neste trimestre, ata o 47,1%.
Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 23.000
persoas, o que supón unha suba do 2,1% en termos relativos.
Por sexo, neste trimestre aumentou tanto a ocupación masculina como a
feminina: o número de ocupados varóns diminuiu en 13.800 persoas respecto ao
primeiro trimestre do ano 2019 e a ocupación das mulleres aumentou en 4.800
persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha subida da taxa de ocupación
masculina de 1,2 puntos e de 0,4 puntos no caso da feminina.
Con respecto ao segundo trimestre
do ano 2019, o número de homes ocupados aumenta en 14.800 persoas (un 2,6%),
mentres que o de mulleres ocupadas aumenta nun 1,6%.
Atendendo aos sectores de
actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste
trimestre aumenta en todos os sectores. Na industria a ocupación aumenta en
5.800 persoas con respecto ao primeiro trimestre de 2019; o sector primario
rexistra un aumento de 3.500 persoas na cifra de ocupación, a construción de
2.000 persoas e os servizos de 7.100 traballadores e traballadoras máis.
Con respecto ao mesmo trimestre de 2018, a ocupación diminúe na
construción un 2,5%; pola contra, na industria a ocupación aumenta un 4,7%, na
agricultura e pesca un 4,5% e nos servizos un 1,8%.
No segundo trimestre de 2019 en
Galicia había 140.400 persoas en paro, 13.500 menos que no trimestre anterior.
A taxa de paro diminúe 1,2 puntos e sitúase no 11,3%.
Con respecto ao segundo trimestre do ano 2018, o número de parados diminúe en 34.600 persoas (un -19,8%) e
a taxa de paro 2,7 puntos.
Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro
masculino como o feminino: o número total de homes parados sitúase en 68.900
persoas (8.600 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 71.400 persoas
(5.100 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina diminúe en 1,4 puntos
porcentuais e a feminina en 0,8 puntos, situándose a primeira no 10,7% e a
segunda no 12,0%.
No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo
masculino descende en 13.400 persoas (un 16,3% menos), e o volume de paradas en
21.400 persoas (un 23,1% menos que hai un ano).
No segundo trimestre de 2019, o
número de fogares nos que todos os seus
membros activos están en paro diminúe en 2.800 unidades e sitúase en 52.200
fogares. Respecto ao segundo trimestre de 2018, esta tipoloxía de fogares
redúcese un 13,9%.
Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos
son ocupados aumenta en 15.500 unidades. O número de fogares nesta situación é
de 617.100. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 26.600 fogares
máis nesta situación, o que supón unha suba do 4,5% en termos relativos.
OURENSE
Con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior os ocupados aumentan en 600 persoas.
Son 14.000 os parados (5.200
menos que no trimestre anterior). Deles 7.500 son homes e 6.500 mulleres.
Con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior os parados baixan en 3.500 persoas.
A taxa de paro sitúase
nun 10,92 %, 3,95 puntos menos que hai un ano.
Con respecto ao mesmo trimestre
do ano anterior a taxa de paro baixa en 2,44 puntos.
Recibirá resposta