Hoxe
constituíronse as Comisións da XIII Lexislatura.
Entre elas as de Fomento,
Política Territorial e Regulamento, das que formo parte.
Están compostas
por 43 deputados, distribuídas por grupos de modo que as súas
votacións respondan o peso de cada un dos grupos parlamentarios no Hemiciclo.
Fun
elixido Vicepresidente segundo da Comisión de Fomento, que nesta ocasión
presidirá o deputado socialista por Valladolid José Javier Izquierdo Roncero.
Noelia Vera (Unidas Podemos), exercerá de vicepresidenta primeira; Montserrat García (PSOE) e Carlos Hermoso (Cs) como secretarias primeira e segundo, respectivamente.
A elección da Mesa tivo lugar por asentimento, a pesar de manifestar Vox a súa desconformidade pola ausencia de "proporcionalidade" na repartición de postos, ao quedar excluído do mesmo.
Izquierdo nunha breve intervención expresou que esta "unanimidade é unha maneira extraordinaria de comezar cos traballos desta Comisión" e dixo que "o seu despacho terá as portas abertas para todos e pediu desculpas de antemán polos erros que puidese cometer".

Rematou dicindo:"Aínda
que teño a inestimable sorte de poder contar co anterior presidente. Seguro que algunhas cousas da experiencia pasada seranos moi
útiles a todos os que empezamos".
Agradezo estas xenerosas palabras do Sr. Izquierdo co que pretendo colaborar lealmente.
Recibirá resposta