Non poderei
celebralo en Galicia, xa que esta mañá reúnese en Madrid o Pleno do Congreso
dos Deputados, para
retomar a sesión de investidura, na que
Pedro Sánchez enfrontarase á segunda votación prevista pola Constitución e o
Regulamento do Congreso, 48 horas despois da anterior.
Así que desde o meu despacho na Carrera de San Jerónimo, no que sempre está o noso escudo e a nosa bandeira, desexo a todos un feliz día de Galicia.
E comparto cos lectores deste blog o artigo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo que hoxe publica a web oficial, titulada “Galicia, camiño e destino”
E comparto cos lectores deste blog o artigo do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo que hoxe publica a web oficial, titulada “Galicia, camiño e destino”
“En ocasións os poetas teñen unha
especial lucidez para plasmar en forma literaria un estado de ánimo que ningún
estudoso das dinámicas sociais é capaz de traducir. É o que sucede con aqueles
versos amargos de Salvador García Bodaño nos que o noso bardo se queixa de que
Galicia é un país “onde todo está por vir e non chega”. Esperanzas convertidas
en mágoas, ilusións que esmorecen e horizontes que se afastan, están resumidos
no melancólico poema. Os galegos fomos en efecto un pobo de posibilidades
frustradas, convencido malia todo de que atesouraba enerxías inmensas que só
esperaban algo que as espertase.
Nesta altura do século XXI aínda hai
cousas por vir pero tamén moitas outras que chegan e chegarán. Pasamos de ser
un pobo polo que transcorre a historia, a outro que escribe a historia todos os
días con trazo firme. Esa transformación sen precedentes procede da forza
inmensa que proporciona en primeiro lugar a liberdade que ven da man da
democracia e a autonomía.
Sobre eses dous piares Galicia ergue
unha sociedade e unhas institucións plurais, maduras e responsables. Ninguén
mellor que os galegos sabe que o menosprezo do sistema democrático e
autonómico, está refutado pola nosa propia evolución política e social. Somos a
proba elocuente de que autonomía e democracia, as dúas facianas da liberdade
dos galegos, son causas directas do benestar e a convivencia.
Nin esquecemos aquel país desolado que retrataba o poeta, nin ignoramos que a ferramenta da liberdade nos fai capaces de todo o que nos propoñamos xuntos.
Nin esquecemos aquel país desolado que retrataba o poeta, nin ignoramos que a ferramenta da liberdade nos fai capaces de todo o que nos propoñamos xuntos.
Os
poetas son notarios da vida espiritual dun pobo, pero existe tamén un
plebiscito no que participan de forma espontánea os peregrinos e visitantes que
van celebrar connosco o Día grande de Galicia. Poucas comunidades celebran tan
ben acompañadas o seu Santo Patrón, e poucas custodian unha tradición como a
xacobea que serve de guía, acougo e inspiración a xentes distintas e distantes
que aquí se fan semellantes e próximas.
Entre as moitas aportacións dos galegos ao acerbo común está unha variante do turismo que tamén está vencellado a valores e persoas. En Galicia a xente non é un decorado que o viaxeiro observe sen sentilo. Galicia é unha vivencia, un pórtico formado por homes e mulleres que desexan ofrecer o mellor da súa terra, unha aperta intensa como a que o Apóstolo recibe do peregrino.
Entre as moitas aportacións dos galegos ao acerbo común está unha variante do turismo que tamén está vencellado a valores e persoas. En Galicia a xente non é un decorado que o viaxeiro observe sen sentilo. Galicia é unha vivencia, un pórtico formado por homes e mulleres que desexan ofrecer o mellor da súa terra, unha aperta intensa como a que o Apóstolo recibe do peregrino.
Preguntémonos que ven en nós para que o
noso lar se teña convertido nun destino predilecto, que descobren na
convivencia coa nosa xente, que sentimentos perdidos recuperan durante a súa
estancia. Posiblemente vexan en Galicia un país claramente diferenciado,
orgulloso de ser diferente pero que non expresa a diferencia con receo cara a
ninguén. A singularidade galega non se sinte ameazada senón enriquecida polo
contacto cos alleos, igual que sucedeu durante os séculos que permaneceu aberto
o Camiño de Santiago.
Cada viaxeiro de antano e de hoxe aporta un elemento máis á galeguidade, e leva consigo na maleta ou na mochila un anaco de nós que lle permite dicir que estivo en Galicia e que ademais formou parte dela.
Cada viaxeiro de antano e de hoxe aporta un elemento máis á galeguidade, e leva consigo na maleta ou na mochila un anaco de nós que lle permite dicir que estivo en Galicia e que ademais formou parte dela.
Hai unha maneira galega de ser distintos
e un estilo galego de preservar as tradicións, patente na permanente evolución
do fenómeno xacobeo. Ser partícipe del non esixe requisitos excluíntes, nin
someterse a un canon rigoroso porque a cultura xacobea é respectuosa cos
tempos, as orixes e as persoas e tende pontes de espiritualidade entre crentes
e escépticos. Xunto a unha devoción relixiosa coexiste outra laica, facendo
posible que na gran capital espiritual de Europa que é Compostela se dean a man
mulleres e homes que ven en Galicia un norte que non queren perder.
Ese norte existe dende moito tempo atrás
e inspirou a persoas de todas as épocas, tamén de épocas convulsas nas que non
era doado manter firme a esperanza. Aínda que ningún tempo pasado foi mellor, a
España, a Europa e o mundo dos nosos días viven intensos momentos de cambio nos
que aparecen novas encrucilladas que en ocasións producen inquedanza,
desconcerto e controversia.
Hai algo que simboliza o ideal que unha
gran maioría de españois, europeos e cidadáns do mundo anhelan acadar: esa
praza do Obradoiro na que desembocan visitantes e peregrinos que se senten
parte dun mesmo sentimento. O diverso unido por unha mesma emoción, inspirada
pola beleza dunha catedral que expresa a fabulosa capacidade do ser humano para
transcender o tempo.
A Galicia onde todo estaba por vir e non
chegaba da paso a outra Galicia querida e respectada. Os galegos descobren que
son portadores de valores que cohesionan e mesmo inspiran aos que andan na
procura de respostas aos desafíos do presente.
Galicia é o mellor camiño; o mellor
destino.”
Recibirá resposta