O 30 de maio os deputados electos do Partido Popular por Ourense,
Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce rexistramos as primeiras
iniciativas parlamentarias, entre elas estas preguntas ao Goberno nas que
interesabámonos pola situación de diversos proxectos relacionados coa liña
ferroviaria Ourense-Monforte de
Lemos-Lugo:
¿Qué previsión ten ADIF para concluír a
redacción do proxecto de renovación total do tramo ferroviario Ourense-Monforte
de Lemos-Lugo, incluíndo a parte das variantes inicialmente previstas de Os Peares,
Canabal e Rubián?
O Goberno o 11 de xullo responde: "En relación co asunto interesado, sinálase que os
proxectos de adecuación e mellora da vía correspondente ao tramo
Ourense-Monforte de Lemos-Lugo atópanse actualmente en redacción, cunha
previsión de aprobación destes no verán de 2019. As posibles variantes atópanse
en fase de Estudo Informativo.”
¿Qué información pódenos proporcionar Adif
sobre os proxectos de supresión dos trinta e seis pasos a nivel non incluidos
polos tramos en variante do tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo?
O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que os
proxectos actualmente contratados e xa en fase de redacción. Con todo cabe
indicar que non se trata únicamente da redacción dos proxectos, previamente
hanse de realizar os estudos de alternativas correspondentes, que han de ser
aprobados formalmente polos titulares dos camiños ou estradas"
¿Qué información pódenos proporcionar Adif
sobre a situación actual da electrificación da liña ferroviaria entre
Ourense-Monforte de Lemos-Lugo?
O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que a
redacción dos proxectos atópase actualmente finalizada e na fase de supervisión
previa a poder ser aprobados"
Recibirá resposta