domingo, 21 de julio de 2019

Vendo o estado do río Barbaña no tramo urbán de Ourense



Noutras entradas deste Blog, teño abordado a problemática do río Barbaña, que  o Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil catalogou como "unha masa de agua en estado peor que bo", debido a que a conca de recarga do río é pequena, sen ningún tipo de regulación, polo que o caudal está suxeito a fluctuacions en función das precipitacions siendo su estiaxe moi acusado durante os veráns e outonos. 

Hoxe a primeira hora saín a correr polas camiños das beiras do  Barbaña, no tramo máis urbán de Ourense ata a súa desembocadora no Miño.

Estás fotos acreditan o seu estado neste 20 de xullo, a miña impresión, tendo en conta que estamos a 20 de xullo, foi boa no que atinxe a calidade da auga, aínda que nalgúns puntos hai maleza que conviría limpar, seguindo sempre os criterios medioambientais.

Neste momento agardo ter tesposta do Goberno a esta pregunta parlamentaria formulada o 6 de xuño : ¿Tal e como está oficialmente comprometido, estará finalizada a mediados de agosto de 2019 a redacción do proxecto de saneamento do río Barbaña e a mellora da EDAR de San Cibrao das Viñas (Ourense) que foi contratada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica en xullo de 2018 por importe de 231.449 euros?