viernes, 12 de julio de 2019

O Goberno responde a preguntas dos deputados ourensáns do PP sobre servizos de transporte ferroviario en Galicia

O 18 de xuño os deputados do Partido Popular por Ourense, Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce, rexistramos estas sete  preguntas ao Goberno nas que interesabámonos por temas de transporte ferroviario responsabilidade de RENFE.

As cuestións formuladas eran as seguintes:

TRENS AVRIL

¿Cal é a situación actual dos prazos previstos para a entrega a RENFE dos futuros trens AVRIL e da súa entrada en servizo na liña Madrid-Galicia, que é tan necesaria para mellorar os tempos de viaxe?

O Goberno con data 4 de xullo responde: “En relación co asunto interesado sinálase que actualmente RENFE está a manter  reunións con Talgo, coa intención de analizar a orde e as datas de entrega dos trens, estando pendentes de acordo final entre as partes.

En canto á adscrición dos trens e en función das necesidades, á recepción dos mesmos, infórmase que se realizará nunha relación ou outra seguindo os mesmos criterios que se utilizan para todo o parque de RENFE:

-Comerciais: características do produto que se desexa ofrecer,  dimensionamiento da oferta respecto a súa demanda, igualdade de condicións dentro de una mesma relación, etc.
.- Técnicas: infraestrutura pola que poden circular, localización e distancia ás bases de mantemento, dispoñibilidade, etc.
- De eficiencia ambiental e económica: buscando a distribución máis eficiente en canto a recursos e custos.”

Comentario: En novembro de 2018 o Goberno respostaba unha pregunta parlamentaria feita por Celso Delgado e dicía que Talgo estaba en fase de construcción dos 15 trens  Avril e que a entrega dos primeiros vehículos prevíase en xuño de 2020.

Agora recibimos a resposta de que están analizando a orde e as datas de entrega dos trens, estando pendentes dun acordo final entre as partes.

Imos seguir moi pendentes de cómo evolucionan eses acordos e insistiremos en que tal e como se comprometeu publicamente, RENFE adscriba no varios destes novos trens AVRIL á relación Madrid-Galicia.


EIXO FERROVIARIO MADRID - GALICIA


¿Acordará RENFE unha ampliación da oferta de billetes entre Galicia e Madrid dado o incremento importante da demanda destes servizos ferroviarios que non se satisface coa actual oferta?

¿Cara ao próximo Xacobeo 2021, que actuacións está a planificar RENFE para reforzar a calidade e o volume da oferta entre Galicia e Madrid?

O Goberno con data 4 de xullo responde de xeito acumulado ás duas preguntas anteriores: “En relación co asunto interesado, sinálase que os datos de oferta e demanda das relacións diúrnas Madrid-Galicia nos cinco primeiros meses de 2019 foron os seguintes:

Viaxeiros: 338.700
Prazas Ofertadas: 442.800
Aproveitamento: 55,8 %

Segundo os datos reflectidos no cadro anterior, considérase que a actual oferta de servizos ferroviarios satisfai a demanda existente.

RENFE está a traballar coa Xunta de Galicia co obxectivo de establecer un convenio de colaboración comercial para o Xacobeo 20121 que recollería diversas actuacións de tipo comercial e loxístico.”

Comentario: En primeiro lugar constatamos que a porcentaxe de aproveitamento que se indica por RENFE, 55,8 % pode estar errada, xa que non parece resultar de poñer en relación os viaxeiros co número de prazas ofertadas. Segundo os nosos cálculos o aproveitamento sería de 76,49 %. Pediremos en todo caso novamente a RENFE que aclare este extremo.

Con independencia destas porcentaxes, o certo é que nas fins de semana e nas vésperas de festivos e comezo e fin de vacacións a carencia de oferta é notoría e por iso seguiremos insistindo na nosa xusta reclamación.

SERVIZOS AVANT

¿É consciente RENFE da necesidade de rebaixar polo menos un 30 %, o prezo dos billetes dos servizos ferroviarios AVANT entre Ourense e Santiago, que son sensiblemente superiores aos cobrados no Eixo Atlántico Ferroviario?

O Goberno con data 4 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que a oferta de servizo de transporte ferroviario para a relación Ourense-Santiago confórmaa o produto  Avant de Alta Velocidade Media Distancia e para o Eixo Atlántico os produtos Rexional e Media Distancia.

Estes servizos, competencia da Administración Xeral do Estado, enmárcanse nas denominadas Obrigacións de Servizos Público e, ao ser produtos/servizos ferroviarios diferentes, dispoñen dun sistema e unha estrutura  tarifaria diferentes"

Comentario: RENFE reitera a habitual argumentación, pero consideramos que debería revisar a estrutura  tarifaria cando eses dous diferentes produtos utilizan trens da mesma clase e que circulan a velocidades moi parecidas. Os servizos  Avant en Galicia e os do Eixo Atlántico Ferroviario préstanse con material  rodante da serie S-121, pero os prezos dos primeiros son aproximadamente un 0,20 €/Km superiores.

Seguiremos insistindo na nosa demanda.

¿Qué previsións ten RENFE para ampliar as frecuencias horarias dos servizos  AVANT entre Ourense-Santiago-A Coruña?

¿Encargou RENFE algún estudo para prolongar os servizos  AVANT (A Coruña-Santiago-Ourense) ata Monforte de Lemos?

O Goberno con data 4 de xullo responde de xeito acumulado ás duas preguntas anteriores: “En relación co asunto interesado, sinálase que o número de frecuencias horarias dos servizos  Avant Ourense-A Coruña é establecido en función das análises realizadas sobre os hábitos e a mobilidade dos clientes e está determinado no contrato que mantén RENFE coa Administración Xeral do Estado, a través das Obrigacións de Servizo Público.

No Acordo do Consello de Ministros, do 15 de decembro de 2017, que establece os corredores considerados Obrigacións de Servizo Público (OSP) para o ano 2018 e seguintes, non hai modificacións con respecto á consideración desta relación"

Comentario: RENFE dá a entender que non pensa ampliar o número de servizos. Imos seguir insistindo en demandalos pois hai franxas horarias (por exemplo un día como hoxe desde as 7,55 ata as 12,10 non hai ningún  AVANT desde Ourense a Santiago).

E RENFE omite dar resposta algunha sobre o estudo da prolongación destes servizos ata Monforte de  Lemos. Reiteraremos a pregunta.

¿Qué previsións ten RENFE para flexibilizar a política dos bonos de transporte dos servizos AVANT entre Ourense-Santiago-A Coruña, no relativo ao tempo de validez desde o primeiro uso?

O Goberno con data 4 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que os servizos  Avant constitúen, no ámbito da Unión Europea, unha das poucas excepcións de financiamento nos servizos de Alta Velocidade. As tarifas  AVANT son subvencionadas por tratarse  de Obrigacións de Servizo Público que atenden servizos esenciais. Cabe informar que estes servizos, para poder financiarse, precisan de achegas da Administración Xeral do Estado, ademais dos ingresos dos viaxeiros, que son insuficientes para cubrir os seus gastos e garantir a súa continuidade.

Neste sentido, indícase que os títulos  multiviajes de  AVANT que se comercializan teñen unhas condicións homoxéneas no territorio nacional, cuxos prezos unitarios dependen da recorrencia da viaxe.

O pasado mes de xaneiro de 2019, tras o acordo do Consello de Ministros do 15 de decembro de 2017 e a firma do Contrato Programa entre a Administración Xeral do Estado e RENFE, foi implantada a Tarxeta Plus 10-45 (10 viaxes a consumir en 45 días). Con este novo título xa se flexibilizaron as esixencias de validez dos títulos  multiviaxe existentes ata ese momento.”

Comentario: Certamente a implantación da Tarxeta Plus 10-45 supuso unha mellora para os viaxeiros recurrentes xa que se ampliou o número de xornadas de uso. Seguiremos pendentes doutras melloras nesta liña.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta