miércoles, 17 de julio de 2019

Os deputados ourensáns do PP preguntan e reciben respostas do Goberno sobre as obras da LAV entre Pedralba e Ourense


O 30 de maio os deputados electos do Partido Popular por Ourense, Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce  rexistramos as primeiras iniciativas parlamentarias, entre elas estas preguntas ao Goberno nas que interesabámonos pola situación de diversos proxectos en materia de infraestruturas ferroviarias relacionadas coas obras da Liña de alta Velocidade a Galicia entre Pedralba de la Pradería e Ourense, ás que neste blog fago un contínuo seguimento:

¿Cal é o grao de cumprimento do cronograma das obras da Liña de alta velocidade Madrid-Galicia, entre Pedralba de la Pradería e Ourense?

O Goberno o 11 de xullo responde: "En relación co asunto interesado, sinálase que as obras avanzan segundo o cronograma establecido, estando na actualidade iniciadas todas as obras necesarias para o obxectivo de posta en servizo"

¿A data de resposta, cal é o estado de execución das obras da  LAV a Galicia no tramo  Portocamba- Cerdedelo, e moi especialmente no referente aos viadutos de  As   Teixeiras?
O Goberno o 11 de xullo responde: En relación co asunto interesado, sinálase que se completou o 92,25 % do investimento a finais do pasado mes de maio respecto do investimento previsto para todo o tramo.

En canto ao viaduto, infórmase que no mes de marzo terminouse o viaduto correspondente á vía dereita, e prevese terminar o viaduto da vía esquerda este verán”

¿Cal é a data de resposta o estado do Proxecto da base de montaxe da Mezquita da  LAV a Galicia?

O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que as obras da base de montaxe de A Mezquita atópanse en execución desde marzo de 2019

¿Cal é a data de resposta o estado do Proxecto da base de montaxe de  Meamán da  LAV a Galicia?

O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que as obras da base de montaxe de Meamán atópanse en execución desde febreiro de 2019

¿Cal é a data de resposta o estado dos proxectos de montaxe de vía entre  Pedralba- Campobecerros e  Campobecerros-Taboadela da  LAV a Galicia? 

O Goberno o 11 de xullo responde: “En relación co asunto interesado, sinálase que as obras de montaxe de vía en ambos tramos atópanse en execución desde febreiro de 2019

¿Qué balance realiza  Adif-AV das obras realizadas desde o 8 ao 26 de maio na liña de ancho convencional Zamora-Ourense, e que obrigaron a interromper o tráfico ferroviario, debido ás obras de construción da  LAV Madrid-Galicia en varios puntos, especialmente no tramo Taboadela-Ourense?

O Goberno o 11 de xullo responde: "En relación co asunto interesado, sinálase que o balance foi positivo,  máxime coa complexidade e o alcance dos traballos desenvoltos. Durante este corte actuouse ao longo da liña Zamora-Ourense, avanzando nos traballos tanto do tramo Zamora- Pedralba como no de  Pedralba-Ourense.

Mención especial ten a actuación dentro do túnel de San Francisco, que se terminou na súa totalidade, sendo este moi complexo tanto polos condicionantes  xeotécnicos atopados, como polo alcance da actuación (desmonte da vía existente, rebaixe da plataforma do túnel e a nova montaxe da vía ao longo das súas máis de 900 metros)”

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta