O 30 de maio os deputados electos do Partido Popular
por Ourense, Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce rexistramos as
primeiras iniciativas parlamentarias, entre elas estas preguntas ao Goberno nas
que interesabámonos pola situación de diversos proxectos relacionados coa
estación intermodal de Ourense, e coa de A Gudiña:
Parking alternativo en obras hoxe |
O Goberno o 11 de xullo responde: “En
relación co asunto interesado, sinálase que as obras do aparcamento deron
comezo o pasado 24 de maio de 2019”
¿Cal
é a data de resposta o estado dos traballos de remodelación de vías e
plataformas da estación de Ourense que teñen como obxectivo adaptar a terminal
aos novos servizos de alta velocidade da
LAV Madrid-Galicia?
interesado, sinálase que a obra de remodelación de vías e andenes da estación de Ourense comezou en agosto de 2018 e atópanse actualmente en execución”
¿Está
Adif AV seguindo todos os pasos administrativos e técnicos necesarios
para desenvolver e executar a nova estación intermodal de Ourense e cumprir co
cronograma establecido?
O Goberno o 11 de xullo responde: "En relación co asunto interesado, sinálase que se
está executando a primeira actuación coa remodelación da praia de vías e
plataformas. Doutra banda, os proxectos das seguintes fases están a
desenvolverse segundo o previsto"
Situación o 13.7.19 |
¿Cal é o estado das obras de construción da
estación “Porta de Galicia” no termo municipal da Gudiña, entre os puntos
quilométricos 206/230 e 206/630 do tramo Lubián-Ourense, no lado sur da
plataforma da LAV Madrid-Galicia e que
foron adxudicadas por ADIF-AV en marzo de 2019?
O Goberno o 11 de xullo responde: "En relación co asunto interesado, sinálase que a
obra da nova estación Porta de Galicia comezóu o pasado 25 de abril de 2019 e atópase actualmente en execución”