O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2019.
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en xuño
en relación co mes anterior en - 451 persoas, un - 2,49 %.
A nivel interanual, isto é, con
respecto a xuño do ano pasado, - 1.720 persoas saíron en Ourense das listas do
paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,88 %.
O numero de parados queda
fixado en 17.655, deles 7.602 son homes e 10.053 mulleres, 16.742 son maiores
de 25 anos e 913 menores.
Por sectores, 964 son da agricultura,
2.135 da industria, 1.425 da construción, 11.358 nos servizos e 1.773 do
colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia baixou
en xuño en -5,556 persoas con respecto a maio (un – 3,46 %), superando ao Estado en 1,39 puntos.
O número de parados queda en 155.249,
deles 64.898 son homes e 90.351 mulleres, 148.347 son maiores de 25 anos e
6.902 menores.
Por sectores, 5.576 son da agricultura, 17.575 da industria, 12.746 da construción, 105.707 nos servizos e 13.645 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con
respecto a xuño do ano pasado, 14.816 persoas saíron das listas do paro, o que
supón unha caída do desemprego do – 8,71 %. É a Comunidade Autónoma
na que baixa máis o paro superando ao Estado en catro puntos (-4,63).
O desemprego baixa nos colectivos de menores de
30 anos: -9,75% (-2.035). Este colectivo reduciu o número de parados nun
58,68% nos últimos 11 anos, reducindo en máis da metade a cifra de parados
desde xuño de 2009.
En parados de longa duración: -15,34% (-12.733); 9 de cada 10 persoas que saíron do paro no último ano eran parados de longa duración .
En mulleres: -8,05% (-7.909 persoas). A cifra de mulleres desempregadas é inferior á que había en xuño de 2008, o ano de inicio da crise económica.
O paro baixa tamén: nas 4 provincias galegas e nas 7 grandes cidades; en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-16,73%), seguido da agricultura e pesca (-9,69%), da industria (-8,53%), e dos servizos (-7,42%).
En parados de longa duración: -15,34% (-12.733); 9 de cada 10 persoas que saíron do paro no último ano eran parados de longa duración .
En mulleres: -8,05% (-7.909 persoas). A cifra de mulleres desempregadas é inferior á que había en xuño de 2008, o ano de inicio da crise económica.
O paro baixa tamén: nas 4 provincias galegas e nas 7 grandes cidades; en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-16,73%), seguido da agricultura e pesca (-9,69%), da industria (-8,53%), e dos servizos (-7,42%).
España:
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego ( SEPE) baixou en 146.476 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de redución interanual do 4,63%.
Respecto ao mes de maio, o desemprego diminuíu en 63.805
persoas en xuño, o que representa un descenso do 2,07%, en relación co mes
anterior.
O número total de persoas desempregadas situouse en 3.015.686
persoas, a cifa máis baixa desde novembro de 2008. En termos desestacionalizados o paro subiu en xuño en 8.986 persoas respecto ao mes de maio. O desemprego masculino baixou en xuño en 32.756 persoas respecto a maio e sitúase en 1.218.056 persoas. O desemprego feminino baixóu en 31.049 persoas e sitúase en 1.797.630 persoas. Se o comparamos co mes de xuño de 2018, o paro masculino ten baixado en 77.296 persoas e o feminino reduciuse en 69.180.
Pola súa banda, o
desemprego dos mozos menores de 25 anos reduciuse en xuño en 15.970 persoas
respecto ao mes anterior, mentres o paro entre as persoas de 25 e máis anos de
idade baixou en 47.835.
O paro rexistrado baixou en todas as Comunidades Autónomas, entre as que destacan: Cataluña
(-13.819), Castela e León (-7.169) e Madrid (-6.523).
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o
paro rexistrado reduciuse en todos excepto Agricultura. O maior descenso
porcentual prodúcese no colectivo Sen Emprego Anterior, con 7.994 parados
menos, seguido do sector Servizos, con 51.752 parados menos; Industria, 5.808
desempregados menos (-2,17%) e Construción, cun descenso de 4.066 parados. En
Agricultura o paro aumentou en 5.815 persoas.
Número de contratacións
O pasado mes de xuño rexistráronse 2.009.011 contratos.
Deles, 174.159 son contratos de cáracter indefinido, outros 1.823.177 son temporais e 11.675 de carácter formativo. Os contratos indefinidos de xuño divídense, en canto á duración da súa xornada, en 103.531 a tempo completo e 70.628 a tempo parcial.
Prestacións
A taxa de cobertura do sistema de protección alcanzou o 60,1%
en maio deste ano, o que supón un aumento de 4,1 puntos porcentuais en relación
ao mesmo mes de 2018. O número de persoas beneficiarias situouse ao finalizar
maio en 1.745.593, un 1,7% máis en relación ao mesmo mes de 2018. O importe da
nómina de prestacións por desemprego ascendeu a 1.457,5 millóns de euros, un
8,5% máis en relación ao mesmo mes de 2018.
Recibirá resposta