Nos seus case dúas horas de discurso non houbo
referencias concretas a Galicia, tan só xenéricas alusións a algúns dos
problemas que compartimos no Estado: os incendios desvastadores, o problema demográfico e o
despoboamento, unha leve referencia ao sector agroalimentario e aumentar a presenza
da Garda Civil no rural.
Ofreceu impulsar un pacto de Estado en materia de
infraestruturas e transporte que garanta o cumprimento dos plans ferroviarios
de alta velocidade actualmente en execución, que estude as conexións longamente
demoradas, como as conexións de Cantabria ou de Estremadura, Nin unha soa
mención ao AVE a Galicia sen aínda
concluír
A realidade e que en pouco máis dun ano de Goberno,
Pedro Sánchez só viu a Galicia como candidato ás eleccións e nunca como
presidente, nin se interesou nunca polos problemas que preocupan a esta
Comunidade autónoma. Ao contrario.
Pero, ademais, Pedro Sánchez presentou un proxecto de Presupostos Xerais do Estado que recortaban drásticamente o investimento en infraestruturas en Galicia para primar Cataluña e a Comunidade Valenciana, con incrementos do gasto de ata o 60%.
Despois de anos liderando os investimentos do Estado con gobernos do Partido Popular, Galicia pasaba a ter os peores orzamentos en 20 anos.
A pesar de que eses Presupostos non resultaron aprobados, non hai nada no
escoitado onte no debate de investidura que pareza indicar un xiro na postura
do Partido Socialista e de Pedro Sánchez con respecto ás necesidades de
Galicia.