Os deputados populares Celso Delgado e Ana Vázquez acabamos de recibir varias respostas a preguntas parlamentarias formuladas o 30 de maio, sobre diferentes cuestións relacionadas coa variante norte de Ourense.
Así coñecemos que por fin o citado proxecto foi sometido a Auditoría de Seguridade Viaria -despois de meses de longa espera- e tamén que o proxecto de construción do tramo entre Eirasvedras e Quintela foi aprobado pola Dirección Xeral de Carreteras o pasado día 22 de abril de 2019.
Unha esperada nova que se tiña que producir no ano 2018. pero que foi adiada polos novos responsables socialistas do Ministerio de Fomento.
Os deputados ourensáns fixemos entre outras, unha pregunta moi concreta: ¿Licitará o Ministerio de Fomento no presente ano 2019 as obras do proxecto da Variante de Ourense. Tramo: Enlace de Eirasvedras-Enlace de Quintela?. O ministerio, sen comprometer data algunha, responde “…tratándose dunha das actuacións prioritarias, procederase a licitar as obras na medida que o permita a dispoñibilidade orzamentaria”.
Compre lembrar que nos PGE do ano 2018 -elaborados polo executivo de Rajoy e que están prorrogados- existe unha partida consignada de 2,5 millóns de euros para licitar ese tramo e, polo tanto, existe claramente disponibilidade orzamantaria e o único que é preciso e vontade política de licitar.
Temos neste sentido que lembrar tamén que Pedro Sánchez presentou a principios deste ano un proxecto de PGE para 2019 no que para este tramo non existía consignación alguna, o que provocou enormes protestas. Afortunadamente estos orzamentos foron rexeitados.
O goberno de Pedro Sánchez ten a responsabilidade, e tamén a capacidade, de impulsar unha das infraestruturas máis urxentes e importantes para Ourense, como é a variante norte, e polo tanto os deputados ourensáns do PP no Congreso, esiximos ao Goberno que comprometa xa unha data, neste segundo semestre do ano, para a licitación das obras do tramo Eirasvedras-Quintela e deixe de expoñer condicionantes orzamentarios, inxustificados. Non hai escusas.
Tamén os parlamentarios preguntaron pola situación do proxecto doutro tramo da variante norte, entre Quintela e A Casilla (3,1 Qm), sobre a que agora reciben unha resposta xenérica: “o Ministerio de Fomento continúa na actualidade impulsando a redacción do proxecto de construción”. Os deputados consideramos que procede concluír xa esta redacción de xeito que antes de que remate 2019 quede aprobado o proxecto constructivo e podan ser licitadas as obras en 2020.
Antecedentes recentes da Variante de Ourense (Eirasvedras-Quintela)
O tramo de 1,7 quilómetros comprende desde a ligazón de Eirasvedras coa N-120, no seu punto qm. 573,800, ata a ligazón de Quintela, no seu pq. 572,000.
A execución deste primeiro treito permitiría ceder ao Concello de Ourense un tramo da actual N-120, paralelo ao Río Miño, e desenvolver o bulevard termal, indispensable para dinamizar as potencialidades da provincia.
Na data de 7 de febreiro de 2018, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución mediante a que se aprobaba o expediente de información pública e, definitivamente, o documento técnico de adecuación do proxecto de construción do tramo. O orzamento de licitación estimado era de 24.959.534,88 euros, (30, 2 con IVE). Esta resolución abría todas as posibilidades de aprobación do proxecto de construción e de licitación de obras antes de que rematara 2018, como tiña previsto o executivo do PP.
Con todo, o novo goberno socialista -xurdido despois da moción de censura- sorpendeu na Comisión de Fomento do 27 de setembro dese mesmo ano, cando un alto cargo do Ministerio manifestou que “ían realizar unha auditoría de seguridade viaria e a continuación aprobaremos o proxecto”. Toda unha sorpresa aludindo a un trámite inédito nunca antes anunciado.
Chegado o último día de 2018, o Ministerio de Fomento non foi quen de auditar esta estrada de tan pouca lonxitude e, polo tanto, quedou adiada esta actuación de vital importancia para a cidade de Ourense pola falta de capacidade de xestión da Dirección Xeral de Estradas, así como tamén pola falta de vontade política dos novos responsables ministeriais.
A partir desa data, o deputado Celso Delgado, formulou varias preguntas ao executivo socialista sobre as razóns pola que se estaba atrasando deliberadamente a tramitación deste proxecto. E obtivo varias respostas:
26.2.2019: “O Ministerio de Fomento está actualmente levando a cabo as actuacións preparatorias para a adxudicación do contrato para a realización da auditoría de seguridade viaria do proxecto de construción “Variante de Ourense, tramo: Ligazón coa N-120-Ligazón coa N-525”.
4.3.2019: “O Ministerio de Fomento non está a atrasar a tramitación do proxecto da Variante de Ourense, tramo Quintela-A Casilla que actualmente se atopa en fase moi avanzada de redacción e tan só pendente da auditoría de seguridade viaria, en fase de proxecto”.
Recibirá resposta