Como dicía na entrada de onte, visitei dentro do subtramo Cernadilla-Pedralba de la Pradería, o trazado entre Puebla de Sanabria e Pedralba de la Pradería, todos eles na provincia de Zamora.
As principais estruturas deste subtramo son os viadutos de Palacios, de 419 m de lonxitude, que cruza o val do arroio do Porto e unha pequena estrada cara ao encoro de Cernadilla, e de Puebla-Leste, de 756 m, viaduto que resolve o cruzamento sobre o río Tera á altura da cola do encoro de Cernadilla; e os túneles de Otero, de 1.160 m, e de Puebla, de 1.498,5 m de lonxitude.
Pero ademais construíronse neste subtramo catro pasos de fauna sobre as vías. Onte puiden cruzar un deles, en concreto o máis próximo a Lobeznos.
Estes pasos permiten a permeabilidade da fauna para que non vexa afectado a súa mobilidade dentro do ecosistema.
Estas fotos acreditan que a evolución tecnolóxica non ten por que rifada coa sensibilidade ambiental.