O pasado 18 de xuño de
2019 os deputados ourensáns do Partido Popular, Ana Belén
Vázquez, e Celso Delgado formulamos ao Goberno a seguinte pregunta:
¿En que
data do mes de xullo iniciaranse as obras do Museo Arqueolóxico en Ourense, tal
e como anunciou en plena campaña electoral municipal o ministro de Cultura en
funcións José Guirao?
O 5 de xullo obtivemos esta resposta: “En relación coa pregunta de referencia infórmase que
a licitación das obras de rehabilitación do antigo Palacio Episcopal, Museo
Arqueolóxico Provincial de Ourense, publicouse no Boletín Oficial do Estado do
pasado 8 de febreiro, e a adxudicación provisional realizouse no pasado mes de
xuño. Cabe sinalar que transcorrido o trámite de recursos sobre o procedemento
de licitación, o contrato poderase formalizar en próximas datas"
Esta pregunta foi realizada por mor das declaracións que o
ministro e Cultura fixo en Ourense o 23 de maio nun acto político partidario da
campaña das eleccións locais do PSOE, entón as súas palabras foron " as
obras do Museo Arqueolóxico comezaranse a executar nun par de meses", e
dicir en xullo.
Agora
xa desde a súa posición de titular da carteira de cultura, a resposta oficial
non se refire ao comezo das obras- que é polo que se lle preguntaba- senón que
contesta "que o contrato se poderá formalizar en próximas datas"
Esperemos que se acelere o comezo das obras pois esta
rehabilitación do Museo Arqueolóxico é un anhelo de toda a sociedade ourensá despois
de dezasete anos pechado.
Recibirá resposta