Setembro 2016: na constitución da Comisión de Fomento da XII Lexislatura. |
As comisións
permanentes, non lexislativas e lexislativas previstas expresamente no
Regulamento do Congreso dos Deputados estarán compostas por 43 deputados,
distribuídas por grupos de modo que as súas votacións respondan o peso de cada
un dos grupos parlamentarios no Hemiciclo.
- G. P. Socialista: 15 integrantes
- G. P. Popular: 8 integrantes
- G. P. Cidadáns: 7 integrantes
- G. P. de Unidas Podemos-En Comú
Podem- Galicia en Común: 5 integrantes
- G. P.
Vox: 3 integrantes
- G. P. Republicano: 2 integrantes
- G. P.do PNV: 1 integrante
- G. P. Mixto: 2 integrantes
Son os propios grupos os
que deciden que deputados formarán parte de cada Comisión e a quen nomean como
o seu portavoz nas mesmas.
No meu caso estarei nas de Fomento, Política Territorial e Regulamento.
No meu caso estarei nas de Fomento, Política Territorial e Regulamento.
Elección da Mesa
Na sesión constitutiva
de cada unha delas elíxese, co mesmo procedemento que na elección da Mesa do
Congreso, ao presidente, os vicepresidentes e os secretarios de cada unha
delas.
Así, cada Comisión
celebra unha primeira sesión, presidida por unha membro da Mesa do Congreso, na
que se realizan as votacións, en urna e por chamamento. Para elixir o
presidente, cada deputado escribe un nome na papeleta. É elixido o que obteña
maioría absoluta en primeira votación ou o que teña máis votos en segunda.
Funcións das
Comisións
As Comisións son órganos
de traballo cunha participación esencial nos procedementos lexislativos, co
estudo, emenda e aprobación de proxectos e proposición de lei; de orientación
política, xa que tramita proposicións non de lei; e de control parlamentario,
coa petición de información e comparecencia a membros do Goberno e da
Administración.
Na primeira das funcións
constitucionais do Parlamento, a lexislativa, as comisións tramitan os
proxectos e proposicións de lei que lles encomende, de acordo coa súa
respectiva competencia, a Mesa do Congreso. No seo da comisión créase un grupo
reducido de deputados, o relatorio, que se encarga de revisar en primeira
lectura as iniciativas lexislativas, e á vista do texto e das emendas ao
articulado elabora un informe que se eleva á Comisión.
En Comisión debátense e
votan o texto lexislativo e as emendas, e apróbase un ditame. Por regra xeral,
o texto aprobado en Comisión, cando non se trata de proxecto ou proposición de
lei orgánica nin se decidiu expresamente que vaia a Pleno, continúa a súa
tramitación no Senado.
As Comisións poden pedir
documentación ou acordar a comparecencia de persoas da Administración, de
expertos ou de representantes de colectivos afectados ou implicados na materia
sobre a que está a lexislar para escoitar as súas propostas.
As Comisións deberán
concluír a tramitación de calquera asunto nun prazo máximo de dous meses,
excepto naqueles casos en que a Constitución ou este Regulamento impoñan un
prazo distinto ou a Mesa da Cámara, atendidas as circunstancias excepcionais
que poidan concorrer, acorde amplialo ou reducilo.
Polo que respecta ás
funcións de control, as Comisións, por conduto do presidente do Congreso,
poderán solicitar a información e a documentación que precisen do Goberno e das
Administracións Públicas; así como a presenza ante elas dos membros do Goberno
para que informen sobre asuntos relacionados cos seus respectivos
Departamentos.
Recibirá resposta