viernes, 2 de agosto de 2019

A Seguridade Social pecha xullo cunha media de 19.533.211 persoas, un novo máximo en afiliación


A afiliación media á Seguridade Social volveu superar un mes máis os 19,5 millóns de persoas ocupadas, e xullo pechou cun novo máximo da serie histórica ao sumar 19.533.211 de traballadores e traballadoras. Este total reflicte os incrementos nas tres principais actividades económicas -Industria, Construción e Servizos- así como o descenso en Agricultura, Gandería e Pesca.

A afiliación media aumentou en xullo en 15.514 (0,08%) e nos últimos 12 meses, en 490.401 (2,58%). En termos  desestacionalizados, incrementouse con respecto a xuño en 4.334 traballadores.

En maio de 2019, por primeira vez, o número de mulleres ocupadas superou os 9 millóns. En xullo a cifra foi de 9.006.924. En termos porcentuais, a variación interanual das mulleres afiliadas (3,05%) crece por encima da dos homes (2,17%).

Respecto a 2018

Con relación ao ano pasado, o Sistema gañou 490.401 traballadores afiliados (2,58%). O Réxime Xeral increméntase en 479.263 persoas (3,05%).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 0,36%, o que se traduce nun crecemento de 11.664  persoas. O Réxime do Mar creceu en 0,47% (322) e o Carbón rexistrou un descenso de 849 (-38,43%).

En termos interanuais a ocupación avanza en todas as provincias (excepto en Ourense, onde se reduce un 0,04%) e en todas as Comunidades e Cidades Autónomas, destacando  porcentualmente os incrementos da Región de Murcia (3,47%), Comunidad de Madrid (3,45%), Comunidade Valenciana (3,07%), Andalucía (3,07%) e as cidades autónomas de Ceuta (6,71%) e Melilla (2,75%).

Balance do mes

O Réxime Xeral rexistrou un incremento de 20.940 persoas (0,13%), o que eleva a cifra total ata 16.183.392 ocupados.

En xullo, creceu a afiliación na maioría dos sectores económicos, especialmente en Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, que suma 54.465 persoas ocupadas (3,46%) Comercio e Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas con 40.417 máis (1,64%), Hostalería, 29.262 (2,02%); Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, 14.946 (1,11%) e Industria Manufactureira, 10.917 (0,58%).

En sentido contrario, o maior peso corresponde a Educación que rexistra un descenso de 108.616 (-11,74%), na liña dos meses de xullo anteriores por efecto do calendario escolar.

En canto ao Sistema Especial Agrario, rexistra 48.541 persoas ocupadas menos (-6,24%), e sitúase en 728.787 afiliados e afiliadas medios. Trátase dun descenso similar ao rexistrado nos últimos anos, xa que o mes de xullo coincide coa finalización de importantes campañas agrícolas, entre elas, a do amorodo en Huelva.

Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregadas do Hogar baixa en 4.188 (-1,03%) e alcanza os 401.513 traballadores e traballadoras. O Réxime de Autónomos sitúase en 3.278.833 persoas, tras reducirse en 7.767 (0,24%) no mes. 

Respecto ao Réxime Especial do Mar, suma 2.356 ocupados e ocupadas (3,50%) ata situarse en 69.625. Finalmente, o Carbón queda en 1.360 (-17).

Os maiores aumentos da afiliación en xullo corresponden ás comunidades autónomas de Galicia (12.290), Cataluña (12.193), Illas Baleares (11.371) e Castela e León (9.593).

Descenden máis en Madrid (16.849), Andalucía (14.712) Canarias (4.465) e País Vasco (3.873).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xullo en 1.037.482 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 12.290 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (1,20 %).  Lidera o incremento das afiliacións en termos absolutos fronte á subida do 0,08% rexistrada en España cun diferencial positivo a favor de Galicia de 1,12 puntos.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xullo con 804.725 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 211.420 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.337 afiliados medios.

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un incremento de 15.937 ocupados (1,56 %). 

O dato indica que xa son máis de cinco anos de subidas consecutivas, desde abril de 2014, na que a Comunidade rexistra unha evolución positiva nas cotizacións.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado xullo en 104.362 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 1.036 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (1,00 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 41 ocupados, (-0,04 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xuño con 80.520 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.842 afiliados medios. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta