viernes, 2 de agosto de 2019

A desaceleración do mercado laboral evidénciase en xullo, sendo Galicia onde se reduciu máis o paro



O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2019.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xullo en relación co mes anterior en 554 persoas, un -  3,14 % %. No mesmo mes de 2018  o paro baixaba en 635 persoas, un -  3,28 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 1.639 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,75 %. No mesmo mes de 2018, 1.962 persoas saíron en Ourense das listas do paro (– 9,48 %. )

O número de parados queda fixado en 17.101, deles 7.202 son homes e 9.899 mulleres, 16.288 son maiores de 25 anos e 813 menores.

Por sectores, 862 son da agricultura, 2.046 da industria, 1.400 da construción, 11.062 nos servizos e 1.731 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en xullo en relación co mes anterior en – 4.328 persoas, un -  2,79 %. %. No mesmo mes de 2018  o paro  baixou  en 6.653 persoas (un – 3,91 %). 

A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 12.491 persoas saíron das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 7,64 %. No mesmo mes de 2018, 18.459 persoas saíron en Galicia das listas do paro (– 10,15 %. ). Con todo levamos baixando xa seis anos de xeito consecutivo, o que sitúa ao paro en Galicia en niveis inferiores aos de hai máis dunha década.

O numero de parados queda fixado en 150.921,  a mellor cifra desde xullo de 2008, estando moi próxima á reflectida ao inicio da crise económica.

Deles 62.290 son homes e 88.631 mulleres, 144.492 son maiores de 25 anos e 6.429 menores. 

Por sectores, 5.120 son da agricultura, 17.107 da industria, 12.303 da construción, 102.958 nos servizos e 13.433 do colectivo sen emprego anterior. 

O paro tamén baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade liderando o descenso a construción (-15,55%), seguida da agricultura e pesca (-8,24%), da industria (-6,53%), e dos servizos (-6,37%). Con respecto ás cifras provinciais, lidera a caída do paro Lugo (-9,56%), seguida de Ourense (-8,75%), da Coruña (-8,26%) e de Pontevedra (-6,18%).

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego ( SEPE) baixou en 123.588 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de redución interanual do 3,94%.

Respecto ao mes de xuño, o desemprego diminuíu en 4.253 persoas en xullo, o que representa un descenso do 0,14%, en relación co mes anterior. O número total de persoas desempregadas situouse en 3.011.433 persoas, a cifra máis baixa desde novembro de 2008.

Lembrar que en xullo de 2018 o paro baixou en 27.141 persoas en relación co mes anterior.

En termos  desestacionalizados o paro subiu en xullo en 2.915 persoas respecto ao mes de xuño. En xullo de 2018, en termos desestacionalizados, o paro descendeu en 12.183 persoas.

O desemprego masculino baixou en xullo en 1.569 persoas respecto a xuño e sitúase en 1.216.487 persoas. O desemprego feminino baixou en 2.684 persoas e sitúase en 1.794.946 persoas. Se o comparamos co mes de xullo de 2018, o paro masculino baixou en 63.092 persoas e o feminino reduciuse en 60.496.

Pola súa banda, o desemprego dos mozos menores de 25 anos reduciuse en xullo en 4.714 persoas respecto ao mes anterior, mentres o paro entre as persoas de 25 e máis anos de idade subiu en 461.

O paro rexistrado baixou en termos interanuais en todas as comunidades autónomas (excepto en Baleares,onde se incrementou un 0,70%), e tamén se reduciu nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Cabe destacar a redución do paro en Galicia (onde se reduciu nun 7,64%), País Vasco (6,59%), Murcia (5,43%) e Castela e León (5,22%).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado diminúe en todos os sectores respecto ao mesmo mes do ano anterior: en Agricultura redúcese en 3.732 (-2,44%); en Industria baixa en 14.960 (-5,48%); en Construción, en 19.511 (-7,23%); en Servizos diminúe o desemprego en 64.315 (-2,98%). Por último, o colectivo Sen Emprego Anterior o paro redúcese en 21.070 persoas (-7%).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta