Comparto íntegramente
as declaracións do voceiro popular no Parlamento de Galicia, Pedro Puy que
indicou hoxe que se trata dun “escándalo utilizar a chantaxe económica e financeira
que afecta aos servizos fundamentais para argumentar a non transferencia dos
recursos que corresponden ás Comunidades Autónomas”.
Así, indicou que “todas as CCAA, gobernadas
por socialistas ou populares seguen a senda que comezou Galicia para reclamar
os cartos que o Goberno xa recadou e que
lle corresponde gastar as CCAA en sanidade, educación e servizos sociais”.
Para Pedro Puy
trátase dun dobre escándalo “porque o Goberno reduce o seu déficit cos recursos
recadados e que corresponden as CCAA, obrigando a estas a facer recortes, e por
outra banda é unha chantaxe política en relación ao apoio a investidura ou
castigando o non apoio aos orzamentos que presentou que, no caso de Galicia,
reducía os investimentos un 19% e que os levaba a niveis do ano 2002”
“Ás CCAA están a
solicitar eses recursos, anunciando algunhas delas xa recortes que en Galicia
non se están a producir por unha situación financeira mellor, e todas elas
demandan un instrumento lexislativo, ben a iniciativa do Goberno a través dun
decreto lei ou a través dunha iniciativa lexislativa, para recibir os 5000
millóns que lles corresponden a todas polas entregas a conta e que o Goberno xa lles comunicou que ían
recibir e nalgúns casos xa incorporaron aos orzamentos, como o caso dos 350
millóns a Galicia aos ue hai que engadir os 200 millóns do IVE e os 170 dos
incentivos ás CCAA cumpridoras” indicou o voceiro popular.
Para Pedro Puy “é
sorprendente que cando todos os dirixentes socialistas, presidentes autonómicos
socialistas están reclamando a solución e mesmo algún ministro di que se están
a buscar saídas, o secretario xeral dos socialistas galegos diga que en Galicia
non fan falta eses recursos e que o que se busca é a confrontación”.
Para o voceiro
popular “ese seguidismo deixa en mal lugar a quen pretende ser líder dunha
oposición que, por certo, aprobou en bloque esta demanda no último pleno
ordinario, salvo o PSdeG-PSOE que se puxo de perfil coa súa abstención, pero
que naquel debate non chegou ao extremo de dicir que non temos razón nunha
petición que comparten todas as CCAA con independencia de quen goberne”
Pedro Puy recorda
que hai antecedentes dun goberno en funcións, o de Mariano Rajoy, que, por
razóns de urxente necesidade aprobou dous decretos leis que implicaban gasto.
“Nos atopamos ante unha situación política inédita, non a entendemos e menos
explicable é a actitude do líder dos socialistas galegos, aínda máis contrario
aos intereses de Galicia que os que están provocando o problema desde o Goberno
central”.
Recibirá resposta