sábado, 31 de agosto de 2019

Galicia 2018: A chegada de inmigrantes (42.757) volveu superar ás emigracións (30.366) por terceiro ano consecutivo


Onte coñecíamos a explotación de movementos migratorios publicada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) partindo de fontes do INE (estatística de variacións residenciais correspondentes ao ano 2018
Segundo estes datos, no ano pasado a emigración externa desde Galicia alcanzou as 30.366 persoas. A outra Comunidade foron 19.198 persoas e ao estranxeiro 11.168.

A inmigración a Galicia trouxo a 42.757 persoas, das que 18.574 procedían doutra Comunidade e 24.183 chegaron do estranxeiro.

En consecuencia en 2018 houbo un saldo migratorio positivo de 12.391 persoas ( -624 respecto ao resto de España e 13.015 respecto ao estranxeiro) . É o terceiro ano consecutivo en positivo, cun incremento do 85% en comparación co saldo migratorio do ano 2017, que foi de 6.683 persoas. Ademais, é o maior saldo migratorio positivo que rexistra Galicia desde o ano 2008.
Este aumento é debido ao forte incremento da entrada de novos residentes en Galicia procedentes doutras comunidades autónomas ou do estranxeiro, que aumentou un 16% sobre as cifras de 2017, mentres que os cambios de residencia desde Galicia ao exterior mantivéronse estable, posto que o aumento respecto ao ano anterior foi do 0,4%.
En canto á distribución provincial, as cifras do organismo autonómico indican que as catro provincias galegas rexistraron saldo migratorio positivo no ano 2018.
 A diferencia entre entradas e saídas foi positiva tanto nas provincias atlánticas -6.155 habitantes en A Coruña e 3.319 persoas en Pontevedra- como nas provincias orientais: 1.708 persoas en Ourense e 1.209 habitantes na provincia de Lugo
  
Fonte:  Elaboración IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE