Os
deputados do PP por Ourense no Congreso fixemos en maio e xuño estas tres preguntas parlamentarias para facer un seguimento as obras da LAV a Galicia.
Agora acaban de ser respostadas polo Goberno e damos conta delas:
¿Que actuacións se realizaron desde
decembro de 2018 en relación co proxecto construtivo da subestación eléctrica
de tracción de As Portas e o da liña de
alta tensión Conso- As Portas, adxudicado por ADIF-Alta Velocidade?
O 31 de
xullo de 2019, o Goberno contesta: “En
relación co asunto interesado sinálase que desde xaneiro de 2019 está a
redactarse o proxecto construtivo desta liña de alta tensión e da propia
subestación de tracción de ADIF”
¿Que actuacións se realizaron dentro da fase de probas
do tramo finalizado de alta velocidade ferroviaria entre Zamora e Pedralba de
la Pradería inscito na LAV Madrid-Galicia?
O 31 de
xullo de 2019, o Goberno contesta: “En
relación co asunto interesado sinálase que realizáronse as primeiras probas de
vía e electrificación así como os correspondentes traballos correctivos tras as
mesmas. Por tanto, están a facerse na actualidade novas comprobacións para
verificar a idoneidade das modificacións realizadas. En paralelo, tamén se
iniciaron as probas de instalacións de seguridade”
¿Que previsións ten o Ministerio de Fomento para licitar as obras correspondentes ao tramo da LAV a Galicia Seixalbo- Ourense, cumprindo así cos compromisos para avanzar nesta conexión?
O 31 de xullo de 2019, o Goberno contesta: “En relación co asunto interesado sinálase que actualmente trabállase coa previsión de aprobar os proxectos durante este ano 2019, o que permitiría, a licitación das obras”
Recibirá resposta