Onte coñecemos que aeroportos da rede de Aena rexistraron máis de 29,4 millóns de pasaxeiros en xullo, un 3,4% máis que no mesmo mes de 2018.
En concreto, a cifra total de viaxeiros foi de 29.409.649. Deles, 29.329.084 corresponderon a pasaxeiros comerciais, dos que 20.798.922 viaxaron en voos internacionais, un 1,6% máis que en xullo de 2018, e 8.530.162 fixérono en voos nacionais, un 7,9% máis.
Respecto das tres terminais galegas, estes son os datos:
O Aeroporto de Santiago rexistrou en xullo un total de 302.074 pasaxeiros, un 13,7% máis que no mesmo mes do ano anterior. Do total de pasaxeiros comerciais (299.253), 217.552 corresponden a voos nacionais e 81.701 a internacionais.
En canto ás operacións, en Lavacolla rexistráronse 2.231 voos en xullo (un incremento do 6,7%). Destes, 2.046, foron voos comerciais, correspondendo 1.438 a voos nacionais e 608 a internacionais.
Ademais, a terminal de carga manexou durante o pasado mes 283.685 mil toneladas de mercadoría.
No primeiros sete meses do ano, 1.652.101 pasaxeiros utilizaron as instalacións do Aeroporto de Santiago para realizar os seus desprazamentos, un 5,6% máis que no mesmo período de 2018.
O Aeroporto da Coruña rexistrou o mes con maior tráfico da súa historia con 130.069 pasaxeiros, un 11,1% máis que no mesmo mes do ano anterior.
Destes viaxeiros, 129.059 utilizaron voos comerciais, 118.758 en traxectos nacionais e 10.301 en traxectos internacionais. O Aeroporto da Coruña suma xa 39 meses consecutivos de crecemento continuado.
En canto ás operacións, o aeroporto rexistrou 1.755 voos (un aumento do 1,3%), dos cales 941 foron voos comerciais. Destes movementos, 861 foron operacións nacionais e 80 internacionais.
O tráfico de mercadorías moveu na terminal coruñesa 12.546 toneladas.
No primeiros sete meses de 2019, 777.213 pasaxeiros usaron as instalacións do aeroporto coruñés, un 10,7% máis que no mesmo período de 2018 e xestionáronse case dez mil operacións, 9.929.
O Aeroporto de Vigo rexistrou o mes 100.611 pasaxeiros, un 14,2% menos que no mesmo mes do ano anterior.
En canto ás operacións, o aeroporto rexistrou 1.158 voos, un descenso do 11 %.
O tráfico de mercadorías moveu na terminal viguesa 43.009 toneladas.
No primeiros sete meses de 2019, 595.917 pasaxeiros usaron as instalacións do aeroporto de Peinador , un 4,1 % menos que no mesmo período de 2018 e xestionáronse 6.767 operacións.
Este descenso débese principalmente á pérdida de varios enlaces de Rayanair.