Continuando o tema ao que facía referencia na entrada de onte, hoxe o Grupo Parlamentario Popular esixe ao Goberno que explique canto antes as informacións que apuntan á posible implantación de novos gravames e peaxes polo uso de estradas que neste momento son de uso libre e gratuíto.
A tal fin, os populares reclaman información por dúas vías: Unha primeira pregunta asinada polo portavoz adxunto para asuntos económicos da dirección do GPP, Mario Garcés, e polo portavoz na Comisión de Fomento, Andrés Lorite, e unha batería de preguntas, asinadas polos deputados de cada provincia.
No caso de Ourense están asinadas polos deputados Ana Vázquez e Celso Delgado.
O GPP reclama ao Goberno, en primeiro lugar, que explique se ten previsto o establecemento dun imposto para o pago por uso de autovías que non estaban suxeitas a gravame, e que custo tería para os españois. E, en segundo lugar, os deputados do PP reclaman coñecer cales serían as autovías afectadas en cada provincia e a canto ascendería o importe para abonar por cada español que faga uso desas infraestruturas.
Mario Garcés sinala que “a confirmación deste anuncio supoñería unha nova subida tributaria aos españois. Non é unha novidade que o Goberno, no canto de manter unha política orientada á racionalización e á eficiencia do gasto público, empéñese en minguar os recursos da xente”. Garcés engadiu que “a política fiscal deste Goberno é errática, pero sempre coincide na súa obsesión por incrementar a presión fiscal de todos”.
O GPP advirte do impacto negativo que estes anuncios teñen na confianza dos españois, que sempre resultan damnificados polas erráticas e lesivas políticas que poñen en marcha os socialistas.
No caso de Ourense, os deputados consideran que o prexuízo sería aínda maior, dado o carácter periférico do noso territorio dentro do conxunto do Estado o que obriga a percorrer moitos quilómetros da autovía A-52 para comunicarse coa Meseta.
Ademais de ser unha vía estratéxica de comunicación de Ourense coas súas principais vilas, Verín, Xinzo, Allariz, Ribadavia, etc. e coa gran capital de Vigo, así como coa veciña localidade portuguesa de Chaves.