Asisto hoxe luns ás 19:30 horas, na parroquia de Cristo Rey á unha Misa polo eterno descanso de Sor Antonia Guerra Pinho, Serva de María e unha das últimas relixiosas que atendeu a casa das Servas en Ourense.
Sor Antonia foi asasinada o 8 de setembro en San Joao de Madeira (Portugal) onde se atopaba coidando á súa anciá nai.
A misa foi presidida polo Bispo da Diocese Don Leonardo Lemos Montanet, ponderando na homilía as cualidades desta relixiosa e os servizos prestados na sua estancia en Ourense.
Tiven a sorte de coñecer a alegre e bondadosa Sor Antonia e por iso sinto especialmente a súa morte producida dunha maneira extremadamente violenta e cruel.
Descanse en paz esta muller relixiosa, servidora dos enfermos e necesitados e fondamente xenerosa.
Descanse en paz esta muller relixiosa, servidora dos enfermos e necesitados e fondamente xenerosa.