Escoito hoxe en Compostela ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que na súa intervención diante da Xunta Directiva amosou a enorme preocupación polas consecuencias que está a ter na nosa industria a parálise e o sectarismo do Goberno central xa que, logo de non dar solucións a Alcoa, da caída nas vendas no sector da automoción polo dieselazo, do retraso na carga de traballo en Navantia, da modificación pendente da Lei de costas que condiciona o futuro das conserveiras e de Ence, agora súmase o peche das centrais térmicas.
Feijóo recordou, que Galicia leva meses solicitando unha transición enerxética xusta e ordenada pero o que está levando a cabo o Executivo socialista é unha transición abrupta, tomando decisións sen pensar nas consecuencias que teñen para a nosa actividade económica e o emprego -o peche da central das Pontes supón a perda de traballo para 750 familias, que a comarca quede sen unha das súas principais fontes de emprego e que o Porto de Ferrol chegue a perder o 50 por cento dos deus tráficos-.
Tras precisar que Pedro Sánchez non fixo absolutamente nada polos galegos, engadiu que tampouco veña a pedir votos, xa que o que ten que facer é dar solución a todos os problemas que nos está xerando, sinalando tamén a débeda dos 700 millóns. “O PSOE coa Comunidade fai seu o refrán de a Galicia rogando pero co mazo dando”, dixo.presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que nas Eleccións Xerais do vindeiro 10 de novembrohai que escoller entre dúas posibilidades: “Podemos contaminarnos do modelo fracasado da política nacional ou seguir exportando a toda España o modelo de sentidiño e moderación de Galicia”.
Segundo indicou, o PSOE fíxose co Goberno hai xa 16 meses e o seu balance resúmese en dúas palabras: “inacción e problemas”, sinalando que mentres a fórmula dos socialistas son “eleccións, eleccións e eleccións”, a do Partido Popular de Galicia baséase en traballar.
SOMOS O REFERENTE
Logo de lembrar a vitoria electoral de setembro de 2016, o líder do PPdeG mantivo que, ao igual que hai tres anos, na Comunidade segue habendo certezas ante o futuro, diálogo, unidade, consensos no esencial e un partido que busca o interese xeral. “En Galicia si gañaba e seguirá gañando o Partido Popular”, manifestou.
Pola contra, lamentou que todas as eivas da situación política de hai tres anos seguen estando presentes e mesmo acrecentadas pois, malia que España e os españois avanzamos moito neste tempo, a política estatal segue ancorada no bloqueo. Como destacou, agora hai máis inestabilidade, irresponsabilidade e egocentrismo que nunca antes, culpabilizando a Sánchez de ser o responsable das tres eleccións, as tres precampañas e as tres campañas de máis que tiveron que afrontar os cidadáns.
Así mesmo, alertou de que se o bipartito foi malo en Galicia, a alternativa que se vislumbra hoxe en España é aínda peor, cun goberno formado polo BNG, a delegación de Más Madrid, ou o Partido Socialista e Podemos.
Fronte a esta situación, Feijóo incidiu en que aquí si hai un Goberno que fai o seu traballo e por iso somos o espello ao que se debe mirar, sendo Galicia a vangarda da política da xestión e unha Comunidade centrada, moderada, estable e tolerante.
UN GOBERNO QUE GOBERNA
O presidente aseverou que, aínda que hoxe pareza unha excepción no panorama nacional, en Galicia si temos un Goberno que goberna, admitindo que gobernar é traballar de forma segura, estable e planificada.
Neste sentido, insistiu en que hoxe en Galicia temos un futuro máis despexado que nunca, cunha Comunidade que crece, crea emprego, innova, exporta, desfruta dun maior benestar, ten unha mellor Educación Pública, cunha Sanidade Pública máis moderna que nunca, que recibe cada vez máis turistas e que está mellor estruturada e comunicada. Ademais, puxo en valor o bo xeito de xestionar que permitiu cumprir as regras fiscais, ser a Comunidade que máis rápido paga as facturas e a segunda cun maior esforzo investidor, e baixar impostos.
Igualmente, matizou que no último Debate sobre o Estado da Autonomía apreciouse un contraste claro entre as catro oposicións, centradas en criticar o pasado e negar os logros do presente, e o Goberno de Galicia, que presentou unha folla de traballo para os próximos 12 anos.