Asisto este sábado na Catedral de Ourense á Celebración de apertura da Asemblea Sinodal.
O acto litúrxico comezóu cunha
procesión, acompañada pola Real Banda de Gaitas da Deputación, desde a Igrexa de Santa Eufemia encabezada pola
cruz procesional e as imaxes de Santa María Nai e San Martiño, patróns da
Diocese de Ourense. A continuación situáronse os sinodais laicos e membros da
Vida Consagrada, seguidos polo sacerdotes concelebrantes, tantos sinodais como
outros que asistan ao oficio, e finalmente o Bispo, que presidirá a Eucaristía.
Xa na Catedral ao finalizar a
homilía, os sinodais fixeron solemne profesión de fe ante o Bispo da Diocese, Don Leonardo Lemos; e
posteriormente, ou concluír o rito de comuñón, os sinodais manifestaron públicamente
o seu compromiso de cumprir os deberes correspondentes á súa misión. Ao
finalizar o Bispo proclamou a apertura da Asemblea Sinodal.
A partir de agora, xa vez constituída a Asemblea Sinodal, os
sinodais membros reuniranse unha vez por mes, de outubro a maio, en sábado, en
xornada de mañá e tarde, no Seminario Maior, para estudar, debater e votar as
propostas que foran aprobadas nas distintas asembleas arciprestais.
Unha vez rematados os traballos da Asemblea Sinodal as propostas
aprobadas serán presentadas para que o Sr. Bispo as recolla, se o cree
oportuno, nunha Carta pastoral e inicie o proceso para aplicalas na Diocese.
Finalmente sinalar que a
Asemblea sinodal se clausurará o domingo 7 de xuño de 2020, cunha celebración
que ao mesmo tempo quere ser inicio da fase de recepción do Sínodo e posta en
marcha das súas proposicións.
Os meus mellores desexos, como
dicocesano que son, de que sexan
moi frutíferos os traballos dos
sinodales en beneficio da "Igrexa de Cristo en Ourense da man de San Martiño e con Santa María Nai", como proclama a canción para o Sínodo diocesano de Ourense.