Asisto
esta mañá en Expourense no marco da 19ª edición da Feira Internacional de Turismo Termal,
Saúde e Benestar ao acto no que deuse a coñecer que a provincia arxentina
de Entre Ríos será a sede de “Termatalia” 2020.
Ademáis do presidente da Deputación de Ourense, Manuel
Baltar estivo presente o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia,
Román Rodríguez, e representantes da delegación de Entre Ríos, encabezada pola
secretaria de Turismo e Cultura do goberno desta provincia, Carolina Galliard,
entre outras autoridades.
Entre Ríos é a provincia arxentina que acumula maior
cantidade de augas termais, con quince centros de termalismo que promoven o
turismo de saúde, relax e benestar, distribuídos en trece localidades, unha
relevancia que o presidente do goberno provincial uniu “ás moitas vinculacións
históricas, culturais e sociais que temos con Arxentina e á infinidade de
razóns que nos unen”, citando entre elas que a nai de José de San Martín,
Gregoria Matorras, morreu en Ourense en 1813, onde está soterrada.
“É unha honra entregar hoxe a bandeira de Termatalia a
Entre Ríos”, destacou Baltar, agradecendo “a toda a delegación desta provincia
arxentina que estivese compartindo con nós, a dez mil quilómetros de distancia
da súa terra, estas xornadas de traballo e promoción termal en Ourense, no
ámbito de Termatalia. A nosa provincia e Expourense achegarán o apoio e o
coñecemento para que Termatalia 2020 sexa un éxito, como ten acontecido nas
anteriores edicións. Parabéns desde esta provincia termal á outra provincia
termal, e unha mensaxe fraterna de cooperación en algo que nos une, entre
outras moitas cousas, como é o termalismo”, expresou Manuel Baltar.
Logo realizamos unha visita
a Termatalia , a gran cita mundial do turismo de saúde que conta co
apoio principal da Axencia Galega de Turismo, da Deputación Provincial de
Ourense e do Concello de Ourense.
Representado pola Prefeitura de
Foz do Iguaçu, Brasil participará como país convidado
nesta edición na que están representados 34 países procedentes de Europa,
América, África e Asia (Alemaña, Arxentina, Brasil, Cabo Verde, Canadá, Chile,
Colombia, Costa Rica, Croacia, Cuba, Ecuador, Eslovenia, España, Estados
Unidos, Finlandia, Francia, Guatemala, Holanda, Islandia, Israel, Italia,
Xordania, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Polonia, Portugal, Reino
Unido, Rusia, Tailandia, Tunes e Uruguai).
A feira conta con 269 expositores Estes expositores
reflicten a cadea de valor de todos os axentes que interveñen no
desenvolvemento da industria termal, desde a captación do recurso da auga ata a
comercialización do destino turístico, pasando polo deseño, construción e
xestión de centros termais. Provedores, balnearios e outros centros de
benestar, operadores turísticos, organismos de promoción turística, augas
envasadas, vilas termais, dermoestética, asociacionismo ou
formación, serán os sectores que se atoparán en Termatalia 2019.