viernes, 20 de septiembre de 2019

Na Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar


Asisto esta mañá en Expourense no marco da 19ª edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar ao acto  no que deuse a coñecer que a provincia arxentina de Entre Ríos será a sede de “Termatalia” 2020.

Ademáis do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar estivo presente o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e representantes da delegación de Entre Ríos, encabezada pola secretaria de Turismo e Cultura do goberno desta provincia, Carolina Galliard, entre outras autoridades.

Entre Ríos é a provincia arxentina que acumula maior cantidade de augas termais, con quince centros de termalismo que promoven o turismo de saúde, relax e benestar, distribuídos en trece localidades, unha relevancia que o presidente do goberno provincial uniu “ás moitas vinculacións históricas, culturais e sociais que temos con Arxentina e á infinidade de razóns que nos unen”, citando entre elas que a nai de José de San Martín, Gregoria Matorras, morreu en Ourense en 1813, onde está soterrada.


“É unha honra entregar hoxe a bandeira de Termatalia a Entre Ríos”, destacou Baltar, agradecendo “a toda a delegación desta provincia arxentina que estivese compartindo con nós, a dez mil quilómetros de distancia da súa terra, estas xornadas de traballo e promoción termal en Ourense, no ámbito de Termatalia. A nosa provincia e Expourense achegarán o apoio e o coñecemento para que Termatalia 2020 sexa un éxito, como ten acontecido nas anteriores edicións. Parabéns desde esta provincia termal á outra provincia termal, e unha mensaxe fraterna de cooperación en algo que nos une, entre outras moitas cousas, como é o termalismo”, expresou Manuel Baltar. 

Logo realizamos unha visita a  Termatalia , a gran cita mundial do turismo de saúde que conta co apoio principal da Axencia Galega de Turismo, da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Ourense.


Representado pola  Prefeitura de Foz  do  Iguaçu, Brasil participará como país convidado nesta edición na que están representados 34 países procedentes de Europa, América, África e Asia (Alemaña, Arxentina, Brasil, Cabo Verde, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Croacia, Cuba, Ecuador, Eslovenia, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Guatemala, Holanda, Islandia, Israel, Italia, Xordania, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Tailandia, Tunes e Uruguai).

A feira conta con 269 expositores Estes expositores reflicten a cadea de valor de todos os axentes que interveñen no desenvolvemento da industria termal, desde a captación do recurso da auga ata a comercialización do destino turístico, pasando polo deseño, construción e xestión de centros termais. Provedores, balnearios e outros centros de benestar, operadores turísticos, organismos de promoción turística, augas envasadas, vilas termais,  dermoestética, asociacionismo ou formación, serán os sectores que se atoparán en  Termatalia 2019.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta