Asisto
esta mañá no Balneario de Riocaldo en Lobios ao acto de inauguración dun congreso
internacional que baixo o título "Termalismo
2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico", analizará
o papel dos balnearios no desenvolvemento socioeconómico dos territorios nos
que están situados.
Un evento,
que terá lugar ata o día 18 de setembro, e que está organizado polo proxecto
"Raia Termal", co liderado da Deputación de Ourense, a Confederación
Hidrográfica Miño-Sil, e os municipios transfronteirizos de Terras de Bouro e
Melgaço.
Nese acto presentado pola alcaldesa de Lobios Carmen Yañez falou o presidente da CH Miño-Sil,
José Antonio Quiroga e o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense,
Armando Ojea, e representantes das Cámaras lusas.
Neste
evento internacional no que falarase sobre a procura de fórmulas de cooperación
para manter e incrementar a contribución do sector termal ás economías dos
pequenos municipios nos que se asentan maioritariamente estas instalación, participarán
persoas procedentes de 17 países: España, Portugal, Francia, Italia, Reino
Unido, Alemaña, Croacia, Arxentina, Brasil, Costa Rica, Colombia, México,
Chile, Ecuador, Panamá, Tailandia e Emiratos Árabes.
Raia Termal
Este congreso atópase dentro das
actuacións do proxecto "Raia Termal", cofinanciado polo Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A
España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Este proxecto pretende poñer en valor os
recursos naturais termais e vertebrar de xeito conxunto as iniciativas de
xestión e comercialización para crear un único destino termal de fronteira e
contribuír así ao desenvolvemento do termalismo e favorecer o turismo de
calidade na zona transfronteiriza entre Galicia e o norte de Portugal.
E xusto ecoñecer o gran traballo realizado polo anterior presidente da CHMS, Paco Marín, pois foi o ideólogo e conseguidor deste proxecto europeo.
E xusto ecoñecer o gran traballo realizado polo anterior presidente da CHMS, Paco Marín, pois foi o ideólogo e conseguidor deste proxecto europeo.
Recibirá resposta