miércoles, 4 de septiembre de 2019

No faladoiro do programa Voces de Galicia de Radio Voz


Participo esta mañá, vía telefónica desde Ourense, na  tertulia do programa Voces de Galicia de Radio Voz, que moderou Antía Díaz na que interveu tamén María Luz Canal. Comezo pois unha nova tempada colaborando con esta prestixiosa emisora.

En primeiro lugar a moderadora quixo que  falásemos sobre o acto de onte no que Pedro Sánchez presentou 370 propostas.

Dixen que consideraba que foi un acto con tinguiduras electoralistas, na liña doutros que vén realizando o partido  socilaista desde a errada sesión de investidura tratando de construír un relato que centre en Unidas Podemos todas as culpas dunha posible repetición electoral.

Destaquei que faltan 19 días para a disolución das Cortes que precipitaría outra convocatoria electoral.  E que por tanto esta semana será clave: a última, a que culmina no domingo día 22 de setembro, o prazo final para convocar ao día seguinte, o 23 de setembro, as eleccións do 10 de novembro.

Ademais lembrei que O Rei  deería previamente convocar rolda de consultas previamente cos partidos presentes no Hemiciclo para cotexar os apoios do candidato e que a sesión de investidura no Congreso teríase que realizar planeando o tempo necesario para poder abordar dúas votacións.

Dixen que a inmensa maioría dos cidadáns rexeitan a repetición electoral e expresan a súa vontade de absterse en caso dunha próxima convocatoria. É Pedro Sánchez o responsable de non alcanzar un acordo cos partidos do seu espectro político.

Sobre as sondaxes electorais dixen que os socialistas que se fían en saír beneficiados dos novos comicios, dixen que moitos dos seus votantes de esquerdas absteríanse e que a situación de desgoberno de España é patente, cuns indicadores de emprego e afiliación preocupantes, con desaceleración industrial e retardación do crecemento e do consumo, pasaranlles factura. Ademais da conxuntura internacional con preocupacións como os efectos da guerra comercial e do Brexit.

Falamos en segundo lugar do calendario de comezo das clases nas diferentes Comunidades  Autónomas e sobre a conveniencia ou non da súa unificación.

Na miña opinión, non é necesario un calendario unificado e que esta cuestión debe decidirse polos profesionais da educación que son os que mellor coñecen esa problemática. 

E que no caso da nosa Comunidade, que ten competencias nesta materia, temos unha orde  do 20 de  xuño de 2019  pola que se  aproba ou calendario escolar para ou curso 2019/20 nos centros docentes  sostidos con fondos públicos  na  Comunidade Autónoma de Galicia. 

Di esa orde que o curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2019 ata o 31 de agosto de 2020.  E dixen que o feito de non comezo das clases non significa que o curso non comezara, xa que nestes primeiros días do mes de setembro e ata o día 5 como máximo, realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2018/19 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria, primeiro de bacharelato e formación profesional básica.

En Galicia o curso comezará o 11 de setembro para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial e rematará o 19 de xuño de 2020. Para os matriculados en ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de réxime especial o día de inicio de curso será o 16 de setembro e prolongarase ata o 19 de xuño de 2020. O calendario escolar galego axústase, polo tanto, á normativa establecida.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta