Regresando onte de Taboadela puiden ver o resultado das obras de reforzo da seguridade
viaria e integración, que executou a Xunta de Galicia para a mellora integral da estrada OU-105, en
Seixalbo, nun treito de 1,5 quilómetros (entre a zona do
tanatorio e O Cumial) mediante un investimento autonómico de 850.000 euros.
Vi a glorieta no acceso principal a Seixalbo e a
mellora da intersección coa rúa Igrexa. Tamén as melloras executadas en
beirarrúas e sendas, nos pasos de peóns, con semáforos con pulsador e con
iluminación específica, e a instalación das novas marquesiñas para as paradas de
autobús.
Sen dúbida estas
obras mellorarán a mobilidade e
accesibilidade de Ourense nun treito da Vía da Prata, e sirven para a poñer en
valor a Seixalbo como un dos núcleos históricos da cidade.
Agora agradamos a segunda fase, coa que se
mellorará a intersección do tanatorio das Burgas.
Un proxecto que prevé un investimento duns 500.000 €.
Un proxecto que prevé un investimento duns 500.000 €.
Recibirá resposta