Onte o Consello de Ministros, autorizou ao Ministerio
de Fomento a licitar, a través de Adif,
a renovación total da liña aérea de contacto ( catenaria) no tramo ferroviario
Ourense-Monforte de Lemos.
Na nota de prensa de Fomento dise “ que será clave
para que os servizos ferroviarios na liña de Lugo poidan beneficiarse das
prestacións da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. Isto será posible porque
esta actuación permitirá, nunha fase posterior, o paso da electrificación de
3 kV en corrente continua a 25 kV en corrente alterna.
O contrato ten un valor estimado de 20.315.871,14
euros (sen IVE), e conta cun prazo de execución de 20 meses.
O obxecto desta actuación é a substitución da liña
área de contacto actual (3 kV en
corrente continua) no tramo Ourense-Monforte por unha de tipo híbrido, con
capacidade tamén para albergar, con mínimas transformacións, unha futura
electrificación a 25 kV en corrente
alterna, compatible coa rede de alta velocidade.
Este contrato enmárcase nunha serie de melloras
executadas por Adif para a modernización
do traxecto ferroviario Ourense-Monforte-Lugo, co obxectivo de incrementar a
súa fiabilidade e competitividade, optimizando as condicións de explotación
comercial da liña.
A renovación da
catenaria entre Ourense e Monforte compleméntanse con proxectos como o
de electrificación e o de instalacións de seguridade do tramo Monforte-Lugo,
coa construción dunha subestación de tracción en Oural e centros de autotransformación asociados, o que permitirá
a conexión da capital lucense coa Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.
Tamén están en marcha os proxectos de adecuación e
mellora da vía no tramo Ourense-Monforte-Lugo, con licitacións en curso para a
subministración de materiais tales como
balasto, carril, travesas ou aparellos de vía.
Igualmente, atópanse en desenvolvemento outros
proxectos de tratamento de elementos de infraestrutura, en diversas fases de
contratación, como a mellora de 23 pontes entre Ourense e Monforte, por un
importe de 1,4 millóns de euros (IVE incluído), ou as obras de reparación
de 12 trincheiras no tramo Ourense-Monforte por 4,67 millóns de euros (IVE incluído).
Ademais, avánzase en proxectos para a adecuación de plataformas e mellora de
accesibilidade nas estacións existentes entre Ourense-Monforte-Lugo.
Así mesmo, está en execución a redacción dos proxectos
para a supresión de ata 36 pasos a nivel. Como actuación destacable, apuntar
que en Oural é necesario construír un novo túnel, cuxo proxecto se atopa na
actualidade en redacción. En Monforte de Lemos están a valorarse alternativas
dunha variante ou by- pass.
Ademais, no tramo Monforte-Lugo xa se atopa en servizo
a variante da Pobra de San Xiao, que permitiu eliminar 14 pasos a nivel do
anterior trazado e incrementar a velocidade de paso dos trens ata o 160 km/ h.”
Antecedentes:
Antecedentes:
Dito todo o anterior, lembro que o 7 de maio de 2918 celebrouse en Lugo unha importante
reunión na que o entón Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, en presenza do
presidente Alberto Núñez Feijóo, da alcaldesa de Lugo e doutras autoridades
presentou as actuacións previstas
para a conexión
ferroviaria entre Ourense e Lugo.
Así daba conta neste Blog:
Dito todo o anterior, celebro este novo acordo do Consello de Ministros que da continuidade o traballo iniciado na etapa de goberno do Partido Popular. A renovación da liña de ferrocarril entre Lugo e Ourense, é unha auténtica necesidade e incidirá na comodidade e na velocidade dos percorridos, contribuindo ao incremento de viaxeiros e favorecendo a cohesión territorial da Galicia interior, e o acceso dos lucenses ás prestacións da LAV Madrid-Galicia.