domingo, 29 de septiembre de 2019

Vendo as obras da base de montaxe de Meamán, que van retrasadas


Viaxo esta mañá ao pobo de  Meamán, no concello de Baños de Molgas,  coa finalidade de ver as obras de construción da base de montaxe e as instalacións auxiliares, necesarias para a montaxe de vía no subtramo Pedralba de la Pradería-Taboadela da  LAV a Galicia.

Execútanse en paralelo á liña férrea de ancho convencional.

Unhas obras que foron licitadas  en xullo de 2018 e adxudicadas o 17 de decembro de 2018 por  Adif Alta Velocidade á UTE formada por Extraco S.A. E  Cycasa S.A. 

O importe de adxudicación foi de 3.025.444 Euros e o prazo de sete meses.


A previsión desta base é que ocupe unha superficie de aproximadamente 2,7 hectáreas e aloxe unha praia de cinco vías, disposta en dous peites entrelazados de 1.668 mm e 1.435 mm de ancho, xunto cos edificios e equipamentos necesarios.


O proxecto de construción inclúe o movemento de terras para executar as conexións ferroviarias, as zonas de provisión e a implantación da base.

Pois ben, veño moi preocupado da visita debido a que constato que as obras , que empezaron en febreiro, están claramente atrasadas sobre o previsto, coas consecuencias sobre a cumprimento dos prazos comprometidos de chegada do AVE a Ourense. 




Estas fotos acreditan o que afirmo.









Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta