Viaxo esta mañá ao pobo de Meamán, no concello de Baños de Molgas, coa finalidade de ver as obras de construción da base de montaxe e as instalacións auxiliares, necesarias para a montaxe de vía no subtramo Pedralba de la Pradería-Taboadela da LAV a Galicia.
Execútanse en paralelo á liña férrea de ancho convencional.
Execútanse en paralelo á liña férrea de ancho convencional.
Unhas obras que foron licitadas en xullo de 2018 e adxudicadas o 17 de decembro de 2018 por Adif Alta Velocidade á UTE formada por Extraco S.A. E Cycasa S.A.
O importe de adxudicación foi de 3.025.444 Euros e o prazo de sete meses.
O importe de adxudicación foi de 3.025.444 Euros e o prazo de sete meses.
A previsión desta base é que ocupe unha superficie de aproximadamente 2,7 hectáreas e aloxe unha praia de cinco vías, disposta en dous peites entrelazados de 1.668 mm e 1.435 mm de ancho, xunto cos edificios e equipamentos necesarios.
O proxecto de construción inclúe o movemento de terras para executar as conexións ferroviarias, as zonas de provisión e a implantación da base.
Pois ben, veño moi preocupado da visita debido a que constato que as obras , que empezaron en febreiro, están claramente atrasadas sobre o previsto, coas consecuencias sobre a cumprimento dos prazos comprometidos de chegada do AVE a Ourense.
Estas fotos acreditan o que afirmo.