Visito hoxe o paradisíaco concello lucense de Sober e en concreto o lugar de Sampil, na parroquia de San Vicente de Pinol, en cuxas inmediacións atópase o Santuario da nosa Señora de Cadeiras, construído no século XVIII.
Do 7 ao 9 de setembro celébrase a romaría anual na honra da Virxe dos Remedios.
Antes da procesión e da santa misa puiden achegarme nas proximidades ao fabuloso miradoiro de Cadeiras sobre o canón do río Sil, desde o que hai unhas extraodinarias vistas sobre a parte ourensá da Ribeira Sacra: Chandrexa de Queixa, Parada do Sil e os Balcóns de Madrid.
Estas totos acreditan a enorme beleza deste privilexiado lugar de Galicia que pronto será decalarado patrimonio da humanidade.
Recibirá resposta