domingo, 27 de octubre de 2019

Eleccións Xerais 10N: O PP estudará novas iniciativas para impulsar a rexeneración e rehabilitación dos cascos históricos no rural


A rexeneración e rehabilitación dos cascos históricos no rural precisa de maior apoio por parte do Goberno central, incrementando as axudas que permitan realizar este tipo de actuacións para a súa posta en valor. Así o destacamos esta mañá os candidatos do Partido Popular pola provincia de Ourense ao Congreso –Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández- logo da visita que realizamos á localidade de Vilanova dos Infantes, acompañados polo portavoz popular neste concello, José Luis Ferro.

Os integrantes das candidaturas fomos informados dos distintos proxectos levados a cabo nesta histórica localidade celanovense, poñendo como exemplo do compromiso do PP coa súa rehablitación o máis de medio millón de euros investidos en distintas actuacións, dos que 400.000 corresponderon á cantidade destinada a Vilanova nos premios “Galicia Parabéns”, que outorga a Axencia de Turismo de Galicia.

Ademais, o portavoz popular citou o apoio da Deputación de Ourense a Vilanova dos Infantes, xa que grazas á súa contribución económica á Fundación Curros Enríquez pode seguir contando con persoal de atención ás visitas turísticas e, en particular, á Torre da Homenaxe.

Os candidatos cualificaron todas estas actuacións como unha mostra máis da decidida posta en valor do rural, perfectamente recollida no programa de Goberno do Partido Popular. Nesta liña e máis aló das medidas que inciden directamente no ámbito económico, os candidatos manifestaron que tamén no rural compre impulsar a recuperación e rexeneración urbanística, polo que se comprometeron a estudar novas iniciativas que permitan incrementar as axudas que para a rehabilitación destes núeclos destina o Goberno central.

Vilanova dos Infantes, sinalamos os candidatos, ten méritos propios para estar na axenda política, tanto pola súa orixe como burgo medieval, como pola súa historia vencellada á construción do mosteiro de San Rosendo en Celanova, mesmo por ter sido concello independente ata o 1927 e, no capítulo cultural, por acoller cada 17 de maio, no Día das Letras Galegas, unha das mellores representacións das raíces e da identidade galega: a romería etnográfica Raigame, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. 

Todo isto, engadimos os representantes populares, son razóns máis que suficientes para que esta pequeña localidade se sitúe nun lugar destacado no listado do “Pobos máis bonitos de España”.