lunes, 7 de octubre de 2019

Agardando a inauguración do Arquivo Histórico Provincial de Ourense


Publica hoxe o BOE un anuncio de formalización de contratos da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura O.A.

Ten por obxecto a subministración, transporte e instalación de equipamento específico para o taller de restauración da nova sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

A data de adxudicación foi o 24 de setembro de 2019 e a adxudicataria resultou a compañía  “TECNIHISPANIA,S.L.” O  valor da oferta seleccionada foi de 92.540,00 euros.


Lembrar que na pasada  XIII Lexislatura e no marco das actividades de control parlamentaria, o pasado 18 de xuño de 2019 os deputados ourensáns do Partido Popular, Ana Belén Vázquez, e Celso Delgado formulamos ao Goberno a seguinte pregunta:

¿En que data deste outono o Ministerio de Cultura inaugurará o Arquivo Provincial no complexo cultural de San Francisco en Ourense?


O 5 de xullo obtivemos esta resposta: 
En relación coa pregunta de referencia infórmase que as obras do Arquivo Provincial no complexo cultural de San Francisco en Ourense, foron recibidas o pasado 13 de xaneiro. As solicitudes de licenza de ocupación e de actividade presentáronse  no Concello nos meses de abril e maio, e a finais deste último mes fíxose entrega asimismo, da finca de acceso e a praza pública entre edificacións.


Para a Biblioteca adquiríronse os equipamentos e mobiliario básicos – que completaranse durante o verán – que permitan á Xunta de Galicia iniciar o traslado de fondos desde a súa actual sede.

Asimesmo, informase que se atopa en marcha o proceso de adquisición dos equipamentos necesarios do Arquivo Provincial, para a súa entrega durante o próximo outono, a efectos de que a Xunta de Galicia poida proceder ao correspondente traslado de fondos.

Unha vez finalizados os traslados de fondos, o Ministerio de Cultura e Deporte e a Xunta de Galicia acordarán a data de inauguración e apertura aos cidadáns”


O anuncio de contrato que hoxe coñecemos vai na liña da resposta. 

Agardamos pois que neste outono teña lugar a inauguración oficial para que os cidadáns poidan gozar xa deste gran equipamento cultural, así como da Biblioteca Pública de Ourense.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta