sábado, 5 de octubre de 2019

No primeiro “Escaparate do Comercio Ourensán”

Asisto hoxe ao primeiro “Escaparate do Comercio Ourensán” organizado pola Federación de Comercio de Ourense, que se desenvolve durante toda a fin de semana en Expourense, e que permite poñer en valor a calidade e a variedade do comercio de proximidade galego. 

Na inauguración estivo presente o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que destacou que encontros coma este deixan de relevo a importancia das asociacións e federacións de comerciantes, que conseguen sumar forzas para que o comercio local sexa máis competitivo, e para prestar cada día un mellor servizo aos consumidores. 

Recomendo a todos acudir a este recinto, facer compras e apoiar así ao Comercio local.

Parabéns á presidenta Beatriz Gómez.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta