Asisto esta mañá ao acto inaugural do 11º Salón do Vehículo Novo que se celebrará desde hoxe ata o 20 de outubro e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e ACAUTO.
Todas as marcas presentes aproveitan a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van a comercializar para campaña do 2020. En total, participan 16 empresas representando as 23 marcas que presentarán 33 modelos novos, algúns deles poderán verse en exclusiva por primeira vez en España. As marcas presentes nesta edición son: Abarth, Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Fiat, Ford, Hyundai, Kia, Mazda, Mercedes, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo.
Esta cita é unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo, ao mesmo tempo que permitirá a renovación do parque móbil da provincia de Ourense, que ten unha media de idade de 12 anos.
Conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense e de ABANCA, que reafirman un ano máis o seu patrocinio.
Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, presentes cunha caseta informativa, e que recibirán ao finalizar estas citas unha cantidade de 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO. Ademais os organizadores colaborarán de novo con “Stop Accidentes”, unha ONG recoñecida de utilidade pública fundada por familiares e amigos de vítimas de accidentes de tráfico.