miércoles, 2 de octubre de 2019

A Seguridade Social sumou 3.224 afiliados, tan só un 0,02 % máis que en agosto: a menor cifra de creación de emprego desde 2013



Coñecemos hoxe que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou os 19.323.451 ocupados en setembro. 

En termos interanuais, o Sistema suma de media 460.739 afiliados, o 2,44%. O Réxime Xeral, cun mellor comportamento, conta con 448.165 afiliados máis que hai un ano, cifra que representa un incremento do 2,88%.

Con respecto ao mes de agosto, o Sistema sumou 3.224 persoas ocupadas (0,02%) o que supón a menor cifra de creación de emprego desde 2013

En termos  desestacionalizados -sen o compoñente estacional- a media de persoas afiliadas alcanza os 19.334.474, tras aumentar 460.980 en termos interanuais e 32.810 no mes.

Crecemento interanual

Como xa se apuntou, en comparación co ano pasado, o Sistema gañou 460.739 ocupados, o que supón un 2,44% máis. Destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, con 448.165 traballadores máis (2,88%). O crecemento alcanza o 3,24% (466.593 afiliados máis) se falamos do Réxime Xeral sen ter en conta os sistemas especiais Agrario e do Hogar.

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos, a taxa interanual aumentou un 0,39%, o que se traduce nun crecemento de 12.588 persoas.

O Réxime do Mar creceu un 1,19% (803 persoas) e o Carbón contabilizou un descenso de 818 ocupados (-37,72%).

En termos interanuais, a afiliación aumentou en todas as comunidades autónomas. Destacan, en cifras absolutas, os incrementos de Madrid (97.332), Andalucía (89.932), Cataluña (74.765) e Comunidade Valenciana (50.326).

Evolución  intermensual

En termos  intermensuales, o Sistema sumou 3.224 persoas traballadoras afiliadas (un 0,02% máis). O Réxime Xeral sumou 139 persoas afiliadas, cun total de 15.987.768 ocupados. En setembro, a afiliación creceu en termos absolutos en Educación  (45.521); Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (21.681) e Industria Manufactureira (11.888), mentres que diminuíu en Hostalería (-44.346); Comercio,  reaparación de vehículos de motor e motocicletas (-34.330); Administración Pública e Defensa, Seguridade Social Obrigatoria (-14.812); Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (-14.076).

En canto ao Sistema Especial Agrario, finalizou o mes con 26.285 afiliados medios máis (3,74%), situándose agora en 729.935 persoas. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Hogar descendeu en 2.349 (-0,59) e agora alcanza os 395.704 ocupados.

O Réxime de Autónomos conta con 3.266.258 persoas, tras sumar 4.707 (-0,14%) no último mes.

O Réxime Especial do Mar descende en 1.621 persoas afiliadas (-2,33%) ata situarse en 68.075. Finalmente, o Réxime Especial do Carbón non varía; conta con 1.350 afiliados medios.

Por comunidades autónomas, o maior incremento no número de afiliados rexistrouse en Madrid, con 40.197 afiliados máis (1,26%); Canarias, 8.885 (1,10%), Castela-A Mancha, 7.308 (1,03%); País Vasco, 5.018 (0,52%) e Cataluña, 4.483 (0,13%). Os maiores descensos prodúcense en Cantabria (-2,58%), Baleares (-2,42%), Asturias (-1,73%) e Estremadura (-1,06%).


En Galicia os datos de afiliación en media revelan que hai  1.029.548 ocupados, tras baixar en 7.353  afiliados medios (-0,71 %) no último mes de setembro.

En termos interanuais, o sistema suma 15.660 (1,54%) afiliados máis.

O Réxime Xeral conta con 797.615 persoas, o de Autónomos con 210.489 persoas e o Réxime Especial do Mar ocupa a 21.444 persoas. 

En Ourense os datos de afiliación en media acreditan que hai 104.568 ocupados, tras baixar en 87 afiliados medios (-0,08 %) no último mes de setembro. En termos interanuais, o sistema suma 871 afiliados, o 0,84 %. 

O Réxime Xeral conta con 80.889 persoas e o de Autónomos con 23.679 persoas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta