viernes, 11 de octubre de 2019

Eleccións Xerais 10N: Encontro dos candidatos do PP coa comunidade docente universitaria no Campus de Ourense

Esta mañá os candidatos do PP por Ourense, ao Senado e ao Congreso, Miguel Viso e Celso Delgado mantivemos no  vicereitorado de Ourense unha reunión coa vicerreitora e decanos e profesores de diversos centros universitarios do noso Campus: Facultade de Dereito, Historia, Ciencias Empresariais e Turismo, Ciencias da Educación, Ciencias, Escola Superior de Enxeñería Informática, Escola Superior de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo. 

Fomos acompañados polo concelleiro de Ourense e anterior portavoz do GPP no Senado en materia de Universidades, Jesús Vázquez.

Nesa interesante xuntanza abordamos diferentes cuestións relacionadas coa normativa universitaria, a súa reformas, o financiamento, o I+D, e as suas inquedanzas e a problemática específica do Campus de Ourense. 

Falamos tamén da Escola de Enxeñería Aeronáutica e da aposta do Campus de Ourense polos seus estudos aeronáuticos, e da importancia que manteñan a súa singularidade no sistema universitario de Galicia, tanto a nivel de grao como de mestrado universitario, xa que son títulos que conducen ás profesións reguladas de Enxeñeiro Técnico Aeronáutico e Enxeñeiro Superior Aeronáutico.

Os candidatos tomamos boa nota das  suxerencias e peticións e comprometemos a ocuparnos desos temas na vindeira lexislatura das Cortes Xerais.