O Partido Popular esixiu
hoxe que o Goberno central priorice os investimentos para o regadío da Limia,
así como tamén que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil procure unha
tramitación máis áxil das autorizacións para que os regantes podan executar sen
máis demoras as obras necesarias.
Así o demandamos os candidatos populares ao Congreso -Ana
Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Carmen Leyte e Francisco Fernández-
durante a visita que esta tarde realizamos á comunidade de regantes de San
Salvador de Sabucedo, no Concello de Porqueira, unha das catro afectadas na
comarca por este proceso xunto coas comunidades de Corno do Monte, Ganade-Lamas
e Alta Limia.
Unha visita na que estivemos acompañados pola alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, e polo portavoz popular en Xinzo, Antonio Fernández. E na que estivemos nunha parcela adicada a millo.
Unha visita na que estivemos acompañados pola alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, e polo portavoz popular en Xinzo, Antonio Fernández. E na que estivemos nunha parcela adicada a millo.
Os candidatos do PP constatamos que a modernización dos
regadíos na Limia é fundamental para conseguir que esta comarca, a zona
agrícola máis importante de Galicia, se convirta nun referente de
compatibilidade entre unha xestión ambiental axeitada e o futuro económico do
sector.
Nesta liña, chamamos a atención sobre a necesidade de
impulsar o plan de regadío da Limia desde dúas frontes. Por unha banda,
sinalaron, esixir ao Goberno central que priorice os investimentos neste
proxecto.
En segundo lugar, trasladar á Confederación Hidrográfica do Miño Sil a necesidade de procurar unha tramitación máis áxil de todo este proceso, polas dificultades que se están a encontrar os regantes como consecuencia dos complexos requerimentos do organismo de conca.

O plan de regadío da Limia experimentou en marzo pasado un
novo adianto coa publicación, por parte da Consellería de Medio Rural, da
Declaración de Impacto Ambiental (DIA), o que permitirá facer as modificacións
nos proxectos dos catro regadíos, cun total de 42 captacións.
Unha vez coñecidos os puntos exactos, os trámites continuan agora coa intervención da Confederación Hidrográfica, para o cal cada comunidade de regantes terán agora que elaborar unha listaxe definitiva da superficie total e propiedade das parcelas que entrarán no regadío e asegurar a dispoñibilidade destes terreos para executar as obras necesarias.

Os candidatos subliñamos por último o impulso que se lle está
a dar ao sector agrícola desde as administracións, por un lado coa Xunta de
Galicia a través da comisión de seguemento dos regadíos e xa desde o ámbito dos
cultivos coa implicación da Deputación de Ourense co Instituto do Campo.