Os candidatos do Partido Popular ao
Congreso –Ana Vázquez e Celso Delgado- e ao Senado –Miguel Ángel Viso e Francisco
Fernández- comprometémonos onte a defender nas Cortes Xerais unha
“caza responsable”, como actividade que posúe un alto valor medioambiental e
económico e que só na provincia practican máis de 8.000 persoas. Así o
manifestamos aos representantes da Federación Ourensá de Caza, nunha reunión
mantida na sede provincial popular para coñecer en detalle as necesidades e
demandas deste sector.
Na xuntanza, os candidatos trasladaron
aos representantes dos cazadores que, ao contrario do que queren facer outros
partidos, “o PP oporase á prohibición da caza”, destacando que no programa
electoral figura un apartado específico “que inclúe o impulso a plans de apoio
da actividade cinexética, ampliando ademais as licenzas de caza”.
Se en Ourense son máis de 8.000 os
cazadores rexistrados e preto de 40.000 en Galicia. Cada concello de Galicia
ten alomenos 1 tecor, existindo na Comunidade 455 tecores xestionados por
sociedades de caza sén ánimo de lucro.
Os nosos interlocutores afirmaron que o
gasto medio por temporada en cacerías de 2.350 euros, en toda España a
importancia deste sector queda reflectida por dúas cifras: máis de 170.000
empregos e un movemento económico que se calcula en torno aos 6.000 millóns de
euros. Datos máis que suficientes, destacaron os candidatos, “para comprender o
valor desta actividade, cunha máis que clara repercusión no rural”.
Manifestaron que a caza, tal e como se
practica hoxe en día, debe entenderse como un elemento de conservación e
recuperación de ecosistemas.